Chía
Chía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Salvia hispanica' L. |
A chía (Salvia hispanica) é unha planta herbácea da familia das lamiáceas (coma o liño e a sarxa), nativa de Guatemala e das rexións central e austral mexicanas[1][2] (e Colombia[3]), coñecida polos seus grans nutritivos: as sementes de chía. Hai evidencia de que os aztecas cultivaban o vexetal en tempos precolombianos presente no Códice Mendoza, datado do século XVI, documento no cal tamén se mencionaba a súa relevancia agrícola na época.[4]
Máis coñecida pola súa semente, que se comercializa directamente, moída ou en forma de aceite, a chía tamén ten follas que poden ser aproveitadas para infusións.[5] É rica en minerais, aminoácidos esenciais e omega 3.[3][5][6] Saliéntase frecuentemente o seu potencial para previr doenzas cardiovasculares, diabetes e até tumores, alén de axudar na perda de peso.[2][7][8][9][10]
Etimoloxía
editarA palabra chía deriva da palabra do náhuatl chian, que significa "oleoso, aceitoso".[1] Disque o estado mexicano de Chiapas podería ter a orixe do seu nome tamén a partir da lingua náuatle, que significa "auga de chía" ou "río de chía".
É unha das dúas plantas coñecidas como chía, sendo a outra Salvia columbariae, esta tamén denominada chía dourada.
Semente de chía
editarA semente da chía posúe formato oval e "diámetro" de aproximadamente 2 mm.[11] É visibelmente a principal parte da planta nos ámbitos comercial e gastronómico.
Características nutricionais
editarA semente da chía é, ás veces, considerada un alimento funcional dadas as súas características compositivas. O seu efecto mucilaxinoso (o de absorber e reter unha cantidade significativa de auga, como un emulsificante), debido á alta concentración de fibras, fai da chía interesante para quen busca enmagrecer, posto que pode intensificar a sensación de saciedade.[9]
A importancia nutricional da semente de chía óllase na seguinte lista:
- Omega 3: a semente da chía é unha das máis ricas fontes coñecidas (tanto entre as vexetais coma entre as animais) do ácido alfalinolénico, un dos ácidos graxos clasificados como omega 3.[2][5]
- Calcio: cinco veces a concentración do mineral atopada no leite de vaca.[5]
- Magnesio: 100 gramos da semente de chía pode conter o mesmo que 200g do mineral presente nas noces[3] ou 1,6 Kg de brócoli,[9] por si só considerados alimentos ricos no nutriente.[12][13]
- Manganeso e fósforo: 100 gramos de chía contén 108% do manganeso e 95% do fósforo demandados por un adulto nunha dieta de 2.000 quilocalorías/día.[14]
- Proteínas: 15% da composición da chía é proteica, sendo os seus aminoácidos, en conxunto, formadores de alto valor biolóxico. Só 28 gramos da semente fornecen 9% da proteína que un adulto demanda, de media.[14]
- Fibras: a alta concentración de fibras alimenticias (38 gramos de cada 100) fai da chía un aliado do enmagrecemento e na boa dixestión.
- Antioxidantes: a presenza do flavonoide kaempferol e, en menor cantidade, os ácidos cafeico e cloroxénico presentes provén á chía efecto antioxidante comparábel ao que presenta o Trolox, antioxidante comercial da Hoffmann–La Roche.[15]
Aplicación culinaria
editarA semente de chía, cando se utiliza de maneira integral, pode ter diversos usos culinarios. Úsase coma emulsificante, tornando os líquidos máis próximos dun xel; tamén liga as masas.
Receitas que poden incluír a semente de chía son os pudins, pans, tortas, quiches, mousses, cremas, patés, rissottos, ensaladas de froitas, zumes etc.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Salvia hispanica L.". GRIN Taxonomy for Plants (en inglés). Departamento de Agricultura dos Estados Unidos. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mundo Verde (9 de novembro de 2011). "Chia: uma verdadeira aliada da saúde". Blog Mundo Verde. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Nutricionista fala sobre nutrientes e benefícios da semente de chia". G1 MG, g1.globo.com. 15 de outubro de 2011. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ CAHILL, Joseph P. (2003) Ethnobotany of Chia, Salvia hispanica L. (Lamiaceae) Economic Botany. Volume 57. Edición 4. 604-618 DOI:10.1663/0013-0001(2003)057[0604:EOCSHL]2.0.CO;2
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Isabell Shipard (6 de abril de 2009). "Chia: Crop Potential and Uses" (en inglés). The Permaculture Research Institute of Australia. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ Thaís Manarini (2011). "Chia, o grão pró-saúde". Revista Saúde (343). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ Giselli Souza; Merie Gervásio (22 de febreiro de 2012). "R7 testa a chia, a semente que elimina gordura". entretenimento.r7.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ Chris Bertelli (16 de setembro de 2011). "Chia é a nova promessa para emagrecer". iG Saúde. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Fernanda Reis (15 de febreiro de 2012). "Semente de chia é a nova aposta para perder peso". Folha.com. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ Leopoldo Rosalino (2 de novembro de 2011). "Chia é a semente que elimina gordura". MdeMulher. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ "Sementes de Chia (Salvia hispânica)". alquimiaalimentar.com. 9 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2011. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ João Carlos Labruna (11 de julho de 2007). "Magnésio, nutriente essencial ao organismo". Copacabana Runners. Consultado o 23 de marzo de 2012.
- ↑ Oliveira, Por Dafne (2011-08-23). "Os benefícios do brócolis e sugestões de pratos". Comida e Receitas (en portugués). Consultado o 2020-02-03.
- ↑ 14,0 14,1 "Nutrition facts - Seeds, chia seeds, dried". USDA SR-21 (en inglés). Condé Nast Publications. Consultado o 23 de marzo de 2012.
- ↑ REYES-CAUDILLO, E; TECANTE, M.A. VALDIVIA-LÓPEZ. (31 de agosto de 2007). "Dietary fibre content and antioxidant activity of phenolic compounds present in Mexican chia (Salvia hispanica L.) seeds". Science Direct (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chía |