Casa da Axudantía
A casa da Axudantía[1] é unha casa de indianos situada na rúa de San Roque nº 14 de Ribadeo, nun grupo de catro casas de indianos xunto á casa de Torres, a casa de Rodríguez Blas e a casa de Andés. Do outro lado está a capela de San Roque.
Casa da Axudantía | |
---|---|
Casa ocupada durante moito tempo pola Axudantía de Mariña | |
Edificio | |
Localización | Ribadeo |
Coordenadas | 43°32′15″N 7°02′38″O / 43.537603248163, -7.0439004904929 |
Construción | |
Construción | 1886 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarTrátase dunha casa de orixe unifamiliar construída en 1886 promovida por Francisco López García, e é de estilo ecléctico. Ten tres plantas e baixocuberta, de 265 m² (medidas polo SIXPAC). Ten cerrazón da leira con murete e enreixado.
Ten acceso con escaleiras na planta baixa. As tres plantas teñen un aspecto moi diferente xa na fachada principal: na entrada, dúas columnas de fundición manteñen o balcón superior, con miradoiros metálicos a ambos os lados.
Durante moitos anos foi a sede da Axudantía de Mariña.
Notas
editar- ↑ Casa da Axudantía na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Casas de Indianos. AAVV. Xunta de Galicia, 2000