Casa Pereira de Castro
A Casa de Pereira de Castro é un edificio situado na Praza da Constitución, na Cidade Vella de Vigo. Monumento Histórico-Artístico dende 1946, é un dos poucos exemplos de barroco civil que existen na vila.
Casa de Pereira de Castro | |
---|---|
Edificio | |
Localización | Vigo, Galiza |
Coordenadas | 42°14′20″N 8°43′35″O / 42.238779, -8.726251 |
Construción | |
Inicio | século XVIII |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO edificio ergueuse no século XVIII en estilo barroco, e promovido por varias familias do Vigo do momento.
Trátase dun edificio que interpreta o barroco de xeito peculiar, mesturando a cantaría de perpiaño granítico con cachotaría revocada en branco, que serve para salientar os elementos senlleiros da edificación (encontros, linteis, xambas). Conta con dúas fachadas enmarcadas por pilastras angulares, que sosteñen un falso entaboamento de molduras de cantaría, sobre a que se sitúa a cornixa ricamente moldurada. A fachada da rúa do Triunfo é austera, contando só cos escudos de varias das familias promotoras da obra. A fachada da Praza da Constitución é a que concentra o maior programa decorativo, con frontóns de arcos mixilíneos nos vans das fiestras, e decoración de placas, típicas do barroco galego, baixo os balcóns.[1]
Galería de imaxes
editar-
Fachada pola Rúa do Triunfo.
-
Fachada pola Rúa do Triunfo.
Notas
editar- ↑ Garrido Rodríguez, Xaime, 2000: A Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcciones Conde, p. 150.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: Arquitectura da pedra en Vigo, Vigo, Construcciones Conde, ISBN 84-605-9897-7