[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Castro de Ancos

poboado fortificado en Casadelos (Santa María de Neda, Neda)

O castro de Ancos sitúase no cumio máis baixo dos tres que compoñen o Monte de Ancos, a 262 metros de altura. Localízase sobre o barrio de Casadelos, no concello coruñés de Neda.

Castro de Ancos
Vista do castro de Ancos dende a pista forestal.
ParroquiaSanta María de Neda
ConcelloNeda
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogo?
Cronoloxía
Estado actualParcialmente destruído
Extensión estimada1 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

editar

É un castro típico de cumio, desde o que se pode observar todo o val, a desembocadura do río Grande de Xuvia e a ría de Ferrol. Nun día claro pódese chegar a ver A Coruña. Mide no seu eixo N-S arredor de 105 m, e no eixo E-0, 80 m. Pódense observar dúas murallas. A exterior ten 6 metros de ancho, e unha altura exterior de 15 dm e outra interior de 3 dm. A muralla interior tería un ancho de 35 dm, unha altura exterior de 15 m.

Segundo algúns investigadores, do muro exterior parte unha vía de 2,5 m de ancho con pequenos muros aos lados, que conduce ata un dos cumios. Pola vexetación de fieitos, así como polos espazos ao ar, pódese deducir que esta empedrado.

Do muro que rodea o cumio parte outro, dun metro de ancho aproximadamente, que baixa polo monte ao longo de 200 m. Nas beiras pódense ver restos dalgunhas edificacións. De formar unha unidade, podería tratarse dun conxunto de gran tamaño, se cadra, a famosa cidade Libunca da que falan os historiadores.

Estado

editar

Na actualidade esta moi destruído, porque cando se fixo a pista, que atravesa as murallas polo leste e o oeste, quedou bastante aplanado. O tramo do foxo que se pode observar esta no lado sur. As entradas son todas recentes. Preto do castro hai fontes e mananciais.

Algunhas persoas do lugar din que hai algúns anos, no cumio no que remata a vía, podíanse ver, a ras de chan, os alicerces dunhas construcións que tiñan forma circular. O que non se di é se estaban ou non rodeadas de muros ou terrapléns. Así mesmo afírmase que a pista aberta no ano 1987, que destruíu boa parte do que alí había, atravesou o que ben podía ser o antecastro, hoxe considerado como parte principal.