Carol Reed
Carol Reed, nado en Londres o 30 de decembro de 1906 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 1976 foi un director de cinema inglés.
Traxectoria
editarFillo ilexítimo dun actor e produtor, comezou unha carreira na interpretación sendo un adolescente, para logo traballar como axudante de director.
Comezou a ser recoñecido como director a partir de The Stars Look Down e durante a segunda guerra mundial traballou como cineasta ao servizo do exército británico.
Ao remate da guerra dirixiu tres das súas películas máis célebres: Odd Man Out, The Fallen Idol e The Third Man, Palma de Ouro en Cannes. As dúas últimas foron realizadas a partir de guións de Graham Greene.
Nos Estados Unidos dirixiu películas como Trapeze e O tormento e a éxtase. En 1968 dirixiu o filme Oliver!, co que recibiu o oscar ó mellor director.
Obra
editar- 1935 - It Happened in Paris
- 1935 - Midshipman Easy
- 1936 - Laburnum Grove
- 1937 - Talk of the Devil
- 1937 - Who's Your Lady Friend?
- 1938 - Penny Paradise
- 1938 - Bank Holiday
- 1939 - Climbing High
- 1939 - A Girl Must Live
- 1939 - The Stars Look Down
- 1940 - Girl in the News
- 1940 - Night Train to Munich
- 1941 - Kipps
- 1942 - A Letter from Home
- 1942 - The Young Mr Pitt
- 1943 - The New Lot
- 1944 - The Way Ahead
- 1947 - Odd Man Out
- 1948 - The Fallen Idol
- 1949 - The Third Man
- 1952 - Outcast of the Islands
- 1953 - The Man Between
- 1955 - O neno e o unicornio
- 1956 - Trapeze
- 1958 - The Key
- 1959 - Our Man in Havana
- 1963 - The Running Man
- 1965 - O tormento e a éxtase
- 1968 - Oliver!
- 1970 - Flap
- 1972 - Follow Me!
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Carol Reed na IMDb (en inglés).