Caramelo
Un caramelo é unha lambetada ou alimento doce que se come por gusto máis ca por nutrición.
Historia
editarNun principio, facíanse en base a azucre, que ía gotexando devagar nun estado semilíquido na pedra da cociña ou na prancha das cociñas de ferro. Despois acadaron gran diversificación, con diferentes sabores, texturas, montados sobre un pau etcétera e na actualidade a inmensa maioría de caramelos son elaboradas en cantidade e con técnicas industriais, polo que se pode dicir que xa son poucas as casas nas que se segue a facer caramelo torrando azucre.
Etimoloxía
editarO máis probábel é que a palabra caramelo, exportada a moitas das linguas occidentais, veña do galego, pola semellanza da consistencia e determinadas aparencias desta preparación ás das candeas que forma o xeo cando as pingas que caen dun tellado se conxelan, chamadas carambos, ou en diminutivo: carambelo, de aí caramelo[1].
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |