Capela Real de Granada
A Capela Real de Granada é un templo relixioso situado no centro histórico da cidade de Granada. Nela atópanse soterrados os Reis Católicos, Xoana I de Castela e Filipe I de Castela.
Capela Real de Granada | |
---|---|
Entrada á capela | |
País | España |
Advocación | Xoán Bautista e Xoán Evanxelista |
Localización | Granada, España |
Coordenadas | 37°10′34″N 3°35′57″O / 37.175986111111, -3.5990361111111 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Arquidiocese de Granada |
Estilo | Arquitectura gótica e arquitectura do Renacemento |
Páxina web | http://www.capillarealgranada.com/index.en.html |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarOs Reis Católicos escolleron coma lugar de soterramento a cidade de Granada, e mediante Real Cédula de data 13 de setembro de 1504, estableceron a construción da Capela Real. Comezou a construírse no ano 1505 por Enrique Egas en estilo gótico. Ademais interviñeron na súa construción Juan Gil de Hontañón, Juan de Badajoz el Viejo e Lorenzo Vázquez de Segovia.
Rematouse no 1517, consagrándose aos santos Xoán Bautista e Xoán Evanxelista. Ao longo dos anos dotouse de obras de arte, obxectos litúrxicos e reliquias. Perdeu certa importancia cando Filipe II decidiu que o lugar de soterramento da súa dinastía estivera no Escorial, a onde trasladou algúns dos restos.
O museo foi creado no ano 1913. Co desenvolvemento do turismo en España na segunda metade do século XX, converteuse nun dos centros de atracción turística da cidade de Granada.
Galería
editar-
Hans Memling: Díptico de Granada. Á esquerda: Aceptación da Cruz, c. 1475
-
Roger van der Weyden: Nacemento de Cristo, 1435-1438
-
Sandro Botticelli: Oración do horto
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capela Real de Granada |