[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

O calcáneo é o óso inferior da fila proximal do tarso. Ten unha forma cuboide, con seis caras.

Calcaneus
Articulación subtalar
Calcáneo esquerdo, superficie lateral
Latín Os calcis
Gray tema #63 263

Cara superior

editar

Delimita inferiormente o seo do tarso. Artéllase coa superficie inferior do astrágalo. Esta articulación presenta dúas zonas articulares: posteroexterna e anterointerna. É unha dobre artrodia morfoloxicamente pero unha trocoide funcionalmente, con movementos de rotación. Presenta as insercións do ligamento calcaneocuboide superior, o ligamento chave e o músculo plantar.

Cara inferior

editar

Presenta unha serie de rugosidades para a inserción de elementos dos pé. Insértase o ligamento calcaneocuboide inferior.

Cara posterior

editar

Presenta unha rugosidade para o tendón de Aquiles na parte inferior. A parte superior relaciónase co paquete adiposo de Kaguet.

Cara anterior

editar

Artéllase co óso cuboide nun encaixe recíproco perfecto, na articulación calcaneocuboide.

Cara interna

editar

Aparece unha tuberosidade para o ligamento tibiocalcáneo, que forma parte do plano superficial do ligamento lateral interno do nocello. Permite o paso dun paquete vasculo nervioso composto por: arteria tibial posterior, nervio tibial posterior e dúas veas satélite.

Cara externa

editar

É unha zona de paso para os músculos peroneos laterais longo e curto.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar