Canopus
Canopus, ou α Carinae, é a estrela máis brillante da constelación de Carina, no hemisferio sur. É unha superxigante branco-amarela que se localiza a 310 anos luz do sistema solar[1] é a segunda estrela máis brillante do ceo, cunha magnitude aparente de -0,62. Ten unha declinación de −52º 42' (2000) e unha ascensión recta de 06h ata 24 m, e é visible dende a costa africana do mar Mediterráneo.
Características
editarA súa luminosidade é 10700[2] veces superior a do Sol, é a estrela máis brillante nun radio de 700 anos luz en torno á Terra. A distancia á que se atopa foi obxecto de discusión pola súa natureza infrecuente, é unha estrela de tipo espectral F0 IA, un tipo de superxigantes pouco abundantes e do que non se sabe moito, poderían ser estrelas que están a converterse en xigantes vermellas , ou que xa pasaron por esta fase. Isto fixo difícil determinar a magnitude absoluta e, polo tanto, a distancia, así e todo a determinación da paralaxe, grazas ás observacións do satélite Hipparcos, permitiu calcular a distancia, sen a necesidade de coñecer a magnitude absoluta, que, por outra banda, agora pode comezar a obterse coñecendo a súa magnitude aparente.
Notas
editar- ↑ van Leeuwen, F. (2007). "Validation of the new Hipparcos reduction". Astronomy and Astrophysics 474 (2). pp. 653–664. Bibcode:2007A&A...474..653V. arXiv:0708.1752. doi:10.1051/0004-6361:20078357. Vizier catalog entry
- ↑ Cruzalèbes, P.; Jorissen, A.; Rabbia, Y.; Sacuto, S.; Chiavassa, A.; Pasquato, E.; Plez, B.; Eriksson, K.; Spang, A.; Chesneau, O. (2013). "Fundamental parameters of 16 late-type stars derived from their angular diameter measured with VLTI/AMBER". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 434. p. 437. Bibcode:2013MNRAS.434..437C. arXiv:1306.3288. doi:10.1093/mnras/stt1037.