[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

O modelo de cor CMYK é un modelo de cores subtractivo baseado no modelo de cor RYB, é utilizado na impresión. A abreviatura CMYK fai referencia ás catro placas de tinta utilizadas: ciano (Cyan), maxenta (Magenta), amarelo (Yellow) e clave (Key) ou negro.

Modelo de cor subtractivo CMYK

O modelo CMYK funciona superpoñendo cores sobre un fondo máis claro, xeralmente branco. A tinta reduce a luz que doutro xeito se reflectiría, polo tanto, engadindo as tres cores obtemos a ausencia de luz, é dicir, o negro.

Nos modelos de cor aditiva, como o RGB, o negro obteríase coa ausencia de luz mentres que o branco é a combinación aditiva de todas as luces de cor primaria. No modelo CMY, é o contrario: o branco é a cor natural do fondo, e o negro o resultado da combinación completa de tintas coloreadas. Para aforrar custos de tinta e obter tons de negro máis intensos, as cores escuras prodúcense engadindo tinta negra xunto coas tintas ciano, maxenta e amarelo.

En impresión utilízase a técnica do medio ton para superpoñer tramas de puntos de cada cor primaria que permiten obter unha ampla gama de cores.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar