Céline Dion
Céline Marie Claudette Dion, nada en Charlemagne (Quebec) o 30 de marzo de 1968, é unha é unha cantante, empresaria, compositora e actriz canadense máis coñecida como Céline Dion.
Traxectoria
editarLogrou o recoñecemento internacional na década de 1980 ao gañar o festival da canción popular de Yamaha de 1982 e por participar no festival de Eurovisión de 1988.[1][2] Anos máis tarde, xurdiu como unha estrela adolescente no mundo de fala francesa despois de que seu empresario e futuro esposo, René Angélil, hipotecase a súa casa para financiar o seu primeiro álbum.[3]
En 1990 lanzou ao mercado Unison, a súa primeira produción en inglés que a estableceu como unha artista pop prometedora en América do Norte e noutras partes do mundo anglosaxónico.[4] Un dos seus principais éxitos foi a banda sonora do filme Titanic, gañadora do Óscar. Na súa carreira xa superou os 200 millóns de copias vendidas das súas obras.
Notas
editar- ↑ Bliss, Karen. "25 Years of Canadian Artists." Canadian Musician. 1 de marzo de 2004, páxina. 34. ISSN: 07089635
- ↑ "Eurovision Song Contest 1988" (en inglés). Eurovision. Consultado o 25 de xullo de 2009.
- ↑ Canadian Online Explorer. "Céline Dion biography" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2009.
- ↑ Encyclopedia of Music in Canada. "Dion, Céline" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2009.[Ligazón morta]
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |