[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Bolsa de valores

mercado onde se venden ou compran activos financeiros, como accións ou obrigacións

A bolsa de valores, ás veces simplemente bolsa, é un mercado onde se venden ou compran activos financeiros, como accións, obrigacións etc. Tamén se pode dicir que estas compravendas se realizan sobre a lei da oferta e a demanda.

A Bolsa de Valores de Nova York ou New York Stock Exchange.
Bolsa de Madrid.

A bolsa de valores é un estabelecemento privado onde os seus membros realizan negociacións de compravenda de accións de sociedades ou compañías anónimas, así como títulos ou bonos públicos e privados, certificados, títulos de participación e unha variedade de instrumentos de investimento. As bolsas de valores fomentan o aforro e o investimento a longo prazo, fortalecendo o mercado de capitais e impulsando o desenvolvemento económico e social dun país.

Os participantes nas operacións das bolsas, son especialmente os demandantes de capital (empresas, organismos), os oferentes de capital (aforradores, investidores) e os intermediarios. A negociación nas bolsas de valores efectúase a través de intermediarios que son membros da bolsa, coñecidos usualmente co nome de corretores, sociedades de corretaxe de valores, casas de bolsa, axentes de bolsa ou comisionistas, consonte ás denominacións que lles asignan as leis de cada país.

Historia

editar

A primeira bolsa moderna foi creada en Ámsterdam a comezos do século XVII, en 1602, aínda que se citan precedentes anteriores. A comezos do século XIII, comerciantes de Bruxas reuníanse na casa dun tal Van der Burse. En 1309 estas xuntanzas informais institucionalizaronse e o lugar converteuse na "Bolsa de Bruxas" (en francés burse é bolsa). A idea espallouse con rapidez por Flandres e outras terras próximas, de xeito que logo foron abertas "Bolsas" en Gante e Ámsterdam.

Actualmente estas institucións existen en innúmeros países, sendo a máis importante do mundo, ata agora, a Bolsa de Nova York, que recentemente iniciou a súa transformación para se converter nunha rede electrónica de negociación similar ao mercado Nasdaq, tamén norteamericano, que se atopa nun proceso para obter a autorización necesaria para transformarse nunha bolsa de valores. A Bolsa de Madrid data de 1831, a de Bilbao de 1881 e a de Barcelona de 1915, mentres moito máis recente é a de Valencia (1981) Salvo países excesivamente pequenos, ou de réxime comunista, como Cuba ou Corea do Norte, a maioría dos países teñen unha bolsa.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar