Bonaire
Bonaire (/bɒnˈɛər/;[1] neerlandés: Bonaire, pronunciado [boːˈnɛːr(ə)] ( );[2] papiamento: Boneiru) é un municipio especial dos Países Baixos que abrangue a illa homónima e a deshabitada illa de Klein, constitúe un territorio de ultramar da Unión Europea. Está situada no sur do mar Caribe, fronte á costa occidental de Venezuela, e forma parte do grupo de illas de Sotavento das Antillas Menores, xunto coas illas de Aruba e Curaçao. Con 288 km² de superficie, é a segunda illa en tamaño das Antillas Neerlandesas, logo de Curaçao. A súa capital é Kralendijk, situada na costa centroccidental da illa. Aruba, Bonaire e Curaçao forman as illas ABC, a 80 km da costa de Venezuela.[3] A diferenza de gran parte da rexión do Caribe, as illas ABC atópanse fóra de Hurricane Alley. As illas teñen un clima árido que atrae visitantes que buscan un clima cálido e soleado durante todo o ano. Bonaire é un destino popular para practicar snorkel e submarinismo debido aos seus múltiples sitios de mergullo na costa e ao fácil acceso aos arrecifes marxinais da illa.
Bonaire (nl) Boneiru (pap) | |||||
Himno | Tera di Solo y suave biento (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Exclave de | Países Baixos | ||||
Capital de | |||||
Capital | Kralendijk | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 24.090 (2023) (83,65 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa Papiamento | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 288 km² | ||||
Altitude | 241 m | ||||
Creación | 10 de outubro de 2010 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe de estado | Lydia Emerencia Guillerme Alexandre de Orange-Nassau | ||||
• Xefe do goberno | Guillerme Alexandre de Orange-Nassau | ||||
Órgano lexislativo | Island Council of Bonaire (en) , | ||||
Moeda | dólar estadounidense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .bg (pt) e .nl | ||||
Prefixo telefónico | +5997 | ||||
ISO 3166-2 | NL-BQ1 e BQ-BO | ||||
O 1 de xaneiro de 2019, a poboación da illa ascendía a 20.104 residentes permanentes,[4] un aumento duns 1.200 desde 2015. A superficie total da illa é de 288 kilometros cadrados (111 sq mi),[5] ten 38,6 km. de longo de norte a sur, e oscila entre 4,8 – 8 km. de ancho de leste a oeste. A uns 800 m. ao oeste de Bonaire a través do mar está o illote deshabitado de Klein Bonaire cunha superficie total de 6 km2 (2,3 sq mi). Klein Bonaire ten vexetación de baixo crecemento, incluíndo cactos (Papiamento: kadushi), con escasas palmeiras preto da auga e está bordeado por praias de area branca e un arrecife. Os arrecifes, as praias e as reservas nas illas situadas tanto en Bonaire como en Klein Bonaire están baixo a protección do Parque Nacional Mariño de Bonaire, e xestionados pola Stichting Nationale Parken Bonaire (STINAPA).[6]
Bonaire formou parte das Antillas Holandesas ata a disolución do país en 2010,[7] cando a illa se converteu nun municipio especial dos Países Baixos Caribeños (oficialmente, un "organismo público do Caribe") dentro do país dos Países Baixos.[8] É un dos tres municipios especiais do Caribe, os outros son Sint Eustatius e Saba.[8][9] O 80% da poboación de Bonaire é de nacionalidade holandesa, e case o 60% dos seus residentes naceron nas antigas Antillas Neerlandesas e Aruba.[10]
A maior parte dos seus habitantes son mulatos, produto da mestizaxe, entre europeos e africanos. Con todo, podemos observar que unha importante parte da súa poboación ten variadas orixes, entre as que debemos destacar os Países Baixos, República Dominicana, Venezuela, Colombia, Suriname e os Estados Unidos, entre outros países.
Etimoloxía
editarPénsase que o nome 'Bonaire' deriva da palabra caquetío 'Bonay', que significa 'país baixo'. Os primeiros españois e holandeses modificaron a súa ortografía a Bojnaj e tamén a Bonaire. A influencia francesa, aínda que presente en varias ocasións, nunca foi o suficientemente forte como para supoñer que o nome significa "bo aire".[11][12]
Historia
editarOs restos humanos máis precisos das illas, que datan do 4500 a.C., foron atopados en Curaçao. En diferentes illas, as máis precisas son 4000 a.C. en Aruba e 3300 a.C. en Bonaire. Estes individuos son chamados actualmente co termo indios arcaicos. Os indios Caquetío, un clan que tiña un lugar na familia da lingua arauaca, chegaron ás illas desde América do Sur ao redor do ano 500 d.C.[13] Atopáronse restos arqueolóxicos da cultura Caquetia en certos sitios ao nordés de Kralendijk e preto de Lac Bay. Consérvanse pinturas rupestres e petróglifos de Caquetio nas covas de Spelonk, Onima, Ceru Pungi e Ceru Crita-Cabai.[Cómpre referencia] Os Caquetios foron aparentemente un pobo moi alto, pois o nome español das illas ABC era 'las Islas de los Gigantes' ou 'as illas dos xigantes'.[14]
Bonaire foi descuberta polos españois en 1499, nunha expedición dirixida por Alonso de Ojeda e Américo Vespucio.
Esta pequena illa chamouse primeiro Illa do Brasil. Os indios caiquetio e os arauacos, que habitaban a illa cando esta foi descuberta, foron descritos polos españois como homes que vivían na Idade de Pedra e refuxiábanse en miserables chozas de adobe.
Como parte da colonización española, os indios foron escravizados e enviados, en 1515, ás minas de cobre da illa de A Española.
Os restos da poboación indíxena de Bonaire poden observarse nalgúns dos actuais habitantes da illa. De feito a maioría da poboación é mulata, con minorías de europeos (descendentes dos holandeses) e africanos (descendentes dos escravos).
Os holandeses compraron Curaçao aos portugueses en 1634, pois necesitaban encarecidamente unha base naval na súa guerra contra os españois. Bonaire e a veciña Aruba caeron en mans dos holandeses no ano 1636 e convertéronse nunha colonia holandesa.
A Compañía Holandesa das Indias Occidentais comezou en 1639 a produción de sal, a cal é hoxe en día unha parte moi importante da economía da illa, xunto co turismo subacuático.
En 1800, e durante algúns anos, a illa foi controlada por piratas franceses e ingleses. Os holandeses non recuperaron o control ata o ano 1816.
As Antillas Neerlandesas, incluíndo Bonaire, convertéronse en Territorio autónomo dos Países Baixos en 1954, no momento en que este país garantiulles economicamente o desenvolvemento dos seus propios recursos con subvencións.
Bonaire pasou a ser, en xaneiro de 1986, un territorio do Reino dos Países Baixos, que agora se compón dos Países Baixos, as Antillas Neerlandesas (Bonaire, Curaçao, Saba, San Eustatius e San Marteen) e Aruba.
Este feito permite que o desenvolvemento do turismo e dos outros recursos económicos quede en mans das Antillas Neerlandesas, mentres que a defensa e asuntos exteriores son responsabilidade dos Países Baixos.
Xeografía
editarO seu clima é do tipo semiárido tropical. Ao norte da illa preséntanse elevacións montañosas, cuxa maior altitude é o monte Brandaris, de 240 m.
A illa está percorridas por carreiros e camiños. No seu interior áchanse lagos de augas salgadas. Un dos máis atractivos é o Lago Goto, habitados por uns 20.000 flamengos.
O sur é chan. E tamén dentro da illa pódese apreciar a flora e a fauna protexida, no Parque Nacional de 55 km² creado en 1969, e onde se detectaron máis de 195 especies de aves.
Ao oeste de Bonaire, moi próxima á costa, está a pequena illa de Klein Bonaire, deshabitada e rodeada de praias, covas, refuxio dunha colonia de tartarugas e arrecifes de coral nun mar acougado, pois a costa oeste está protexida dos ventos.
Natureza
editarA maior beleza áchase na vida subacuática, na que o mergullador atopa unha variedade de flora e fauna que semella unha paisaxe de coral. Hai unha perfecta visibilidade de 30 metros nas transparentes augas baixo a superficie.
O pobo aborixe que a habitaba, os arauacos, chamárona Bojnay ("Terras baixas"). Tamén estaba poboada por grupos de indios Caiquetios.
O patrimonio subacuático está permanentemente controlado polo Bonaire Marine Park. En Bonaire hai regulamentacións que protexen toda a vida do seu Parque Mariño nas proximidades da costa, os seus arrecifes de corais e as especies que viven alí, meros, peixes trompeta, peixe anxo, barracudas, ourizo ermitán etc. A pesca está permitida fóra da zona costeira.
Os deportes máis practicados son o mergullo, o windsurf e a pesca.
Os 287,5 km² desta illa están rodeados por un arrecife ao que se chega moi fácil mergullando desde a beira. Os sitios para mergullo (hai 60 na illa principal e outros 26 máis na próxima Klein Bonaire) están marcados por rocas pintadas de amarelo brillante situadas ao carón do camiño. Levan nomes como 1.000 Steps (Mil Pasos), Alice in Wonderland (Alicia no país das marabillas), Country Garden (País Xardín) e Sweet Dreams (Doces Soños). Hai máis de 30 anos, Bonaire converteuse na primeira illa do Caribe en prohibir a pesca con arpón, e pouco tempo máis tarde proscribiu sacar os corais das súas augas. O Bonaire Marine Park, un parque establecido en 1979, protexe todas as augas da illa.
Notas
editar- ↑ "Bonaire". Dictionary.com.
- ↑ Mangold, Max. Duden – Das Aussprachewörterbuch. In: Der Duden in zwölf Bänden, Band 6. 7. Auflage. Berlin: Dudenverlag; Mannheim : Institut für Deutsche Sprache, 2015, Seite 242.
- ↑ "Map of Bonaire". Caribbean Islands Maps and Guides. 2015-12-18. Consultado o 2019-03-20.
- ↑ "CBS Statline". opendata.cbs.nl.
- ↑ Ministerie van Algemene Zaken (19 de maio de 2015). "Waaruit bestaat het Koninkrijk der Nederlanden? -". www.rijksoverheid.nl.
- ↑ "History Klein Bonaire". Stinapa Bonaire. 2014-10-10. Arquivado dende o orixinal o 2018-06-14. Consultado o 2018-06-14.
- ↑ "Antillen opgeheven". NOS Nieuws. 18 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2009. Consultado o 10 de outubro de 2010.
- ↑ 8,0 8,1 "Wet openbare lichamen Bonaire, Sint Eustatius en Saba
(Law on the public bodies of Bonaire, Sint Eustatius and Saba)". Dutch Government (en neerlandés). Consultado o 14 de outubro de 2010. - ↑ "Kingdom of the Netherlands_DEF" (PDF). Consultado o 2017-06-13.
- ↑ "Population Caribbean Netherlands stable". CBS. 2016-07-21. Consultado o 2018-06-13.
- ↑ Seco, Manuel (2012). Estudios de lingüística española: homenaje a Manuel Seco (en castelán). Universidad de Alicante. ISBN 978-84-9717-183-0.
- ↑ Treasury, United States Department of the (1895). Treasury Decisions Under Customs and Other Laws (en inglés). U.S. Government Printing Office.
- ↑ Buurt, Gerard Van (2011-01-01). "Conservation Of Amphibians And Reptiles In Aruba, Curaçao And Bonaire". Conservation of Caribbean Island Herpetofaunas Volume 1: Conservation Biology and the Wider Caribbean. BRILL. pp. 145–159. ISBN 978-90-04-19407-6. doi:10.1163/ej.9789004183957.i-228.49. Consultado o 2021-04-22.
- ↑ Van Der Helm, Rien (1987). Traveler's Handbook Bonaire. Rijswik, The Netherlands: Elmar Media Service. ISBN 978-90-6120-635-4.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bonaire |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial de Boneiru
- www.gov.an - Portal oficial do goberno das Antillas Holandesas
- Bonaire-gov.an - Páxina oficial do goberno de Boneiru
- BonaireEconomy.org - Department of Economic & Labour Affairs (DELA)
- bonaire flickr.comArquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
- Bonaire Eiland van rust