[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

O xogo dos birlos consiste en lanzar unha bóla pesada a ras do chan cara a 10 pezas de madeira (que son as que se chaman birlos) colocadas verticalmente nunha posición determinada, situadas ó final dunha pista de 19,2 metros de lonxitude e 1,06 metros de anchura, co obxectivo de derrubar a maior cantidade delas. A bóla é esférica e ten 3 buratos polos cales meter os dedos para dominar a forza e a dirección do lanzamento. O peso das bolas pode variar entre as 9 e as 16 libras, ou sexa, entre 4,08 e 7,25 quilogramos.

Lanzamento.

Os birlos colócanse ó final da pista, equidistantes 30,5 centímetros uns dos outros, formando un triángulo equilátero, cunha das puntas do triángulo apuntando cara ao lanzador.

Unha partida de birlos consta de 10 roldas de lanzamento. A puntuación consiste en sumar a cantidade de birlos derrubados. En cada rolda, cada xogador dispón de dúas oportunidades para derrubar tódolos birlos. Denomínase strike cando un xogador derruba os 10 birlos no primeiro lanzamento dun rolda. Nese caso, a puntuación que acade nos seus seguintes dous lanzamentos multiplícase por 2. Denomínase spare cando un xogador derruba os 10 birlos no conxunto dos dous lanzamentos dunha rolda. Nese caso, a puntuación que acade no seu seguinte lanzamento multiplícase por 2. No caso de acadar un strike ou un spare na 10º rolda de lanzamento, pódese lanzar unha vez máis.

Deste xeito, a máxima puntuación que se pode acadar nunha partida de birlos é 300. Acadaríase esa puntuación facendo 12 strikes consecutivos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar