Autoestrada A3
A Autoestrada Porto-Valença é unha vía de alta capacidade que une Porto coa fronteira con España en Valença, atravesando no seu percorrido Vila Nova de Famalicão, Braga e Ponte de Lima.
A3 Autoestrada Porto-Valença | |
---|---|
Tipoloxía | Autoestrada de peaxe |
Ruta europea | E01 |
Lonxitude | 112 km |
Localización | |
Inicio | Porto |
Fin | Fronteira con España (AP-9) |
Rematouse no 1998 e é un eixo fundamental na comunicación co norte de España. A A3 comeza na circunvalación de Porto, Vía de Cintura Interna e tras deixar a A4 ó leste en Águas Santas e atravesar Santo Tirso e Vila Nova de Famalicão, chega a Braga. Dende Braga, a A3 segue até Ponte de Lima e a partir de aquí comeza a travesía da autovía pola Serra de Arga, que remata no val do Miño en Valença, onde enlaza con Galicia.
A A3 forma parte da E-01 e no Plano Rodoviário Nacional 2000, inclúese no Itinerario Principal 1. A súa concesionaria é Brisa e a infraestrutura é de peaxe dende Maia até Valença.
Saídas
editarNúmero de Saída | Nome da Saída | Estrada coa que liga |
---|---|---|
1 | Porto (Boavista) - Vila Nova de Gaia (Ponte da Arrábida) Porto (Antas) - Vila Nova de Gaia (Ponte do Freixo) - A 1 Lisboa |
IC 23 (VCI) IP 1 A 20 (CRIP) |
2 | Matosinhos - Gondomar - Rio Tinto | N 12 |
3 | Matosinhos - Aeroporto - A 28 Viana do Castelo Valongo - Vila Real - Ermesinde |
A 4 |
4 | Maia - Aeroporto - Ermesinde - Paços de Ferreira | A 41 (CREP) |
Peaxe de Maia | ||
Área de servizo de Coronado-Trofa (km 11) | ||
5 | Santo Tirso - Trofa | N 104-1 |
6 | Vila Nova de Famalicão - Póvoa de Varzim - Guimarães | A 7 |
7 | Cruz | N 14 |
8 | Braga (sur) - Guimarães | A 11 |
9 | Braga (oeste) - Barcelos Encourados |
A 11 N 103 |
Área de servizo de Barcelos (km 56) | ||
10 | Anais | N 201 |
11 | Ponte de Lima (sur) - Ponte da Barca | N 203 |
12 | Ponte de Lima (norte) - Viana do Castelo Ponte da Barca - Arcos de Valdevez |
A 27 IC 28 |
13 | Paredes de Coura - Vila Nova de Cerveira | N 303 |
Peaxe de Valença | ||
14 | Valença - Vila Nova de Cerveira | N 13 |
15 | Valença Monção - Melgaço |
N 13 N 101 |
A-55 |
Ligazóns
editar- Brisa.pt Web da concesionaria.