As amizades perigosas
As amizades perigosas (en inglés: Dangerous Liaisons) é un filme estadounidense dirixido por Stephen Frears que se estreou en 1988. Baséase na obra de Christopher Hampton Les liaisons dangereuses, adaptación da novela homónima de Pierre Choderlos de Laclos. A interpretación de Glenn Close, John Malkovich e Michelle Pfeiffer, a fotografía de Philippe Rousselot, o deseño de vestiario de James Acheson e o guión de Hampton, gañou a aclamación da crítica. Swoosie Kurtz, Mildred Natwick e Peter Capaldi interpretan papeis secundarios, así como os daquela relativamente descoñecidos actores Keanu Reeves e Uma Thurman.
As amizades perigosas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dangerous Liaisons |
Director | Stephen Frears |
Produtor | Norma Heyman Hank Moonjean |
Guión | Christopher Hampton |
Intérpretes | |
Música | George Fenton |
Fotografía | Philippe Rousselot |
Montaxe | Mick Audsley |
Estudio | Lorimar Film Entertainment |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 16 de decembro de 1988 10 de xuño de 2002 (TVG) |
Duración | 119 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $14 000 000 |
Recadación | $34 700 000 |
Na rede | |
O filme foi nomeado a sete Premios Óscar, incluíndo mellor filme. Gañou os Óscar ó mellor guión adaptado, mellor deseño de vestiario e mellor dirección de arte.[1][2]
Foi emitido na TVG o 10 de xuño de 2002.[3]
Sinopse
editarA Marquesa de Merteuil pide ao seu amigo, o Vizconde de Valmont, que seduza a filla da súa prima Madame de Volanges. O seu obxectivo é vingarse dun antigo amante, ao que a moza Cecile fora prometida en casamento. Inicialmente, Valmont rexeita a oferta, xulgando a presa demasiado fácil: o seu albo é a recatada Madame de Tourvel, que visita a casa de campo da súa tía mentres o marido está no exterior realizando negocios.
Valmont descobre, entre tanto, que Madame de Volanges escribiu en segredo a Madame de Tourvel para advertila sobre o seu carácter, e decide seguir o plan de Merteuil. Para levar a cabo os seus propósitos, contan coa axuda do profesor de música de Cecile, o inxenuo cabaleiro Danceny, por quen a moza está apaixonada mais que non é visto pola súa nai como un potencial noivo.
Personaxes
editar- Glenn Close como Marquise Isabelle de Merteuil
- John Malkovich como Vicomte de Valmont
- Michelle Pfeiffer como Madame Marie de Tourvel
- Uma Thurman como Cécile de Volanges
- Swoosie Kurtz como Madame de Volanges
- Keanu Reeves como Le Chevalier Raphael Danceny
- Mildred Natwick como Madame de Rosemonde
- Peter Capaldi como Azolan
- Valerie Gogan como Julie
- Laura Benson como Émilie
- Joe Sheridan como Georges
- Joanna Pavlis como Adèle
- Harry Jones como Monsieur Armand
- François Montagut como Belleroche
Notas
editar- ↑ oscars.org (ed.). "The 61st Academy Awards (1989) Nominees and Winners". Consultado o 31 de xullo de 2011.
- ↑ imdb.com (ed.). "Dangerous Liaisons (1988) - Awards". Consultado o 8 de novembro de 2009.
- ↑ La Voz de Galicia, 10 de xuño de 2002. Páx. 70
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- As amizades perigosas na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)