[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

O Antonov An-10 Ukraina é un avión de transporte comercial de catro turbohélices de orixe soviética fabricado por Antonov entre 1952 e 1972. Só foron construídos 104 [1] exemplares deste aparello.

Antonov An-10
Tipopasaxeiros
FabricanteAntonov
Primeiro voo7 de marzo de 1957

Produción e historia

editar

O Antonov An-10 produciuse simultaneamente cunha versión de carga, o Antonov An-12, do que se construíron máis de 1.200 exemplares. O aparello foi deseñado para poder operar en aeroportos non preparados.

Logo dun accidente debido á falta de manobrabilidade na engalaxe, retiráronselle as aletas estabilizadoras e o avión foi redeseñado como An-10A. A capacidade para o trasporte de pasaxeiros aumentou ata 110 prazas. O modelo foi retirado do servizo en 1972 tras un accidente que revelou unha debilidade na súa estrutura da base alar. Ao mesmo tempo o seu xemelgo, o An-12, que compartía un 90 % dos seus compoñentes co An-10, mostrouse moi robusto e aínda continúa en servizo en moitos países. Tras a retirada do Antonov An-10, o aparello foi substituído polo Ilyushin Il-18 e o Antonov An-24, e máis tarde polo Tupolev Tu-134.

Operadores

editar

  Unión Soviética

Variantes

editar
  • Izdeliye U
  • An-10
  • An-10A
  • An-10AS
  • An-10TS
  • An-10KP
  1. "Gordon An-12"

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar