Andrés Precedo Ledo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Andrés Precedo Ledo, nado na Coruña o 14 de outubro de 1943 é un xeógrafo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1943 (81 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xeógrafo |
Empregador | Universidade de Navarra |
Traxectoria
editarÉ profesor mercantil, licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia. Exerceu a docencia nas universidades de Navarra e Barcelona como profesor de Xeografía Económica e de Urbanismo, antes de gañar a cátedra de Xeografía Humana e de Ordenación do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela.
É membro da Asociación Internacional de Planificadores Rexionais e Urbanos, da Asociación Internacional de Urbanistas, do grupo NUREC (Network Urban Research European Community) e do Instituto de Estudos Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza. Formou parte de varias comisións da Unión Xeográfica Internacional relacionadas cos sistemas urbanos, o desenvolvemento rexional e a localización industrial. Colaborou en proxectos europeos para o desenvolvemento das rexións e as redes de cidades, tendo pronunciado conferencias en varios países sobre eses temas.
En 1990 incorporouse á Xunta de Galicia como responsábel do deseño e pulo do Plano de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (PDC) que recibiu as loanzas do Consello de Europa. Froito deste Plano son as súas realizacións para a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia: o Mapa Comarcal de Galicia, o Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA) e os Centros Comarcais. Así mesmo, dirixiu o mestrado en Desenvolvemento Local organizado por esta Sociedade, da que foi conselleiro delegado. En 1991 foi nomeado director do Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial da Presidencia da Xunta de Galicia, cargo no que cesa en 1997 para converterse en Secretario Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal de Galicia, onde permanece ata 2003.
En 2012 foi un dos fundadores da Asociación Metropolitana Coruña 3.0.
Publicacións e produción científica
editarÉ autor, individual ou en colaboración, de medio centenar de libros e máis de 200 artigos relacionados coa demografía, o desenvolvemento local, o urbanismo, a ordenación do territorio e a planificación estratéxica urbana e rexional. É de salientar a súa serie sobre as cidades galegas publicada pola Fundación Caixa Galicia.
Ten presentado numerosos relatorios sobre os temas mencionados en congresos nacionais e internacionais.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha en galegos.info.