[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Amphiarius phrygiatus

Amphiarius phrygiatus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Orde: Siluriformes
Familia: Ariidae
Subfamilia: Ariinae
Xénero: Amphiarius
Especie: A. phrygiatus
Nome binomial
Amphiarius phrygiatus
(Valenciennes, 1840)
Sinonimia
Véxase o texto

Amphiarius phrygiatus é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos siluriformes, familia dos aríidos e subfamilia dos ariinos, unha das dúas integradas no xénero Amphiarius.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1840 polo zoólogo francés, especializado en ictioloxía, Achille Valenciennes, baixo o nome de Arius phrygiatus.[2][3][4]

Sinónimos

editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]

  • Arius dieperinki Bleeker, 1862
  • Arius phrygiatus Valenciennes, 1840 (protónimo)
  • Cathorops phrygiatus (Valenciennes, 1840)
  • Notarius phrygiatus (Valenciennes, 1840)

Hábitat e distribución

editar

É un peixe mariño que habita tamén en augas salobres, demersal, a profundidades de entre 1 e os 20 m,[5] entre os 12° N e 1° S, e os 72° O e os 48° O, nas costas do Atlántico occidental, desde Venezuela até a desembocadura do río Amazonas, no Brasil.[6]

Pódese encontrar en estuarios salobres con salinidades moi baixas, case entrando en augas doces, en fondos lamacentos pouco profundos.[5]

Características

editar

Amphiarius phrygiatus pode alcanzar unha lonxitude máxima de 35,5 cm,[7] aínda que a lonxitude media é de 20,0 cm.[8]

Bioloxía

editar

As femias poñen os ovos agrupados nunha masa xelatinosa sobre unha depresión areosa. Os machos gardan e incuban os ovos na boca, até a súa eclosión.[9]

  1. Marceniuk, A.P., Betancur, R., Giarrizzo, T., Fredou, F. L. & Knudsen, S. (2015): Amphiarius phrygiatus na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 7 de agosto de 2022.
  2. 2,0 2,1 Amphiarius phrygiatus (Valenciennes, 1840). Consultado o 7 de agosto de 2022.
  3. 3,0 3,1 Amphiarius phrygiatus (Valenciennes, 1840) no GBIF. Consultado o 7 de agosto de 2022.
  4. Amphiarius phrygiatus (Valenciennes, 1840) na BioLib. Consultada o 7 de agosto de 2022.
  5. 5,0 5,1 Cervigón, F., R. Cipriani, W. Fischer, L. Garibaldi, M. Hendrickx, A. J., Lemus, R. Márquez, J. M., Poutiers, G., Robaina & B. Rodriguez (1992): Fichas FAO de identificación de especies para los fines de la pesca. Guía de campo de las especies comerciales marinas y de aquas salobres de la costa septentrional de Sur América. Roma: FAO.
  6. Froese & Pauly 2011.
  7. Soares, B. E., A. C. C. Santos, F. L. S. Mendes, R. B. Barthem & L. F. A. Montag (2016): "Length-weight relationship of seven marine catfishes (Siluriformes: Ariidae) in the Amazon Coastal Zone (Brazil)". J. Appl. Ichthyol. 32: 163-164.
  8. Taylor, W. R. & N. A. Menezes (1978): "Ariidae". En W. Fischer, ed. FAO species identification sheets for fishery purposes. West Atlantic (Fishing Area 31). volume 1. Roma: FAO.
  9. Le Bail, P.-Y., P. Keith & P. Planquette (2000): Atlas des poissons d'eau douce de Guyane. Tome 2, Fascicule II: Siluriformes. París: Publications scientifiques du Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-8651-5117-4.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar