[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Altiplano do Tíbet

O altiplano do Tíbet ou meseta tibetana é unha extensa e elevada meseta de Asia oriental que ocupa gran parte da Rexión Autónoma do Tíbet e da provincia de Qinghai, na República Popular da China, e da rexión india de Ladakh, en Caxemira. Ocupa unha área rectangular aproximada de 1000 km de largo por 2500 km de longo, e ten unha elevación media de 4500 metros. É chamada "o teito do mundo", pois é a meseta máis alta e grande do mundo, cunha área de 2,5 millóns de quilómetros cadrados de extensión.

Modelo:Xeografía físicaAltiplano do Tíbet
(zh) 青藏高原 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporexión xeográfica
Meseta Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRepública Popular da China Editar o valor en Wikidata
Mapa
 33°N 88°L / 33, 88
Características
Dimensións1.000 (ancho) × 2.500 (lonxitude) km
Superficie2.500.000 km² Editar o valor en Wikidata

O altiplano do Tíbet está rodeado por cadeas de montañas elevadas.[1] Limita ao noroeste coa cordilleira Kunlun, que a separa da conca do Tarim, e ao nordés coas montañas Qilian, que separa a meseta do deserto de Gobi. A meseta limita ao sur co val do río Yarlung Tsangpo, que flúe ao longo do pé do Himalaia, e pola extensa Chaira indoganxética. Ao leste e sueste, a meseta dá paso á xeografía con árbores e abrupta de montaña dos nacementos dos ríos Salween, Mekong e Yangtzé, na zona occidental de Sichuan. No oeste está rodeada pola curva da abrupta cordilleira do norte de Caxemira.

Descrición

editar

A meseta é unha estepa árida de grande altitude mesturada con cordilleiras e grandes lagos salgados. A precipitación anual estímase entre 100 mm e 200 mm, e precipita principalmente en forma de choivas. Os extremos do sur e do leste da estepa contan con pradarías en que poden vivir poboacións de pastores nómades, aínda que as xeadas se suceden seis meses ao ano. Seguindo ao norte e ao nordés, a meseta vólvese, de forma gradual, máis alta, máis fría e máis seca, ata alcanzar a afastada rexión de Kekexili, ao noroeste da meseta. Nese punto, a altitude media supera os 5000 m, o aire contén soamente un 60% de osíxeno a nivel do mar e as temperaturas son ao longo do ano de -4 °C, caendo a -40 °C no inverno. Como resultado deste ambiente extremadamente inhóspito, a rexión de Kekexili é das menos poboadas do mundo, despois da Antártida e o norte de Asia.

A parte norte da meseta está cuberta por grandes áreas de permafrost (ou chan permanentemente conxelado), indicando que a meseta non saíu completamente do período glacial.[2]

Xeoloxía

editar

A meseta formouse por unha colisión das placas tectónicas indoaustraliana e eurasiática no período cenozoico (hai aproximadamente 55 millóns de anos).[3] Pénsase que a elevación tectónica da meseta tivo un efecto significativo no cambio climático e crese que puido afectar ao monzón asiático. Na estación do monzón na India (de xullo a outubro) os ventos traen o aire húmido tropical do sur, o Himalaia crea unha manta de choiva que deixa a zona da India moi húmida e o altiplano tibetano moi seco. A medida que os ventos continúan na meseta, cae a pouca humidade que permanece no aire, chegando a ser máis seco a medida que se despraza cara ao norte, creando desertos como o de Taklamakan e o Gobi.[4]

Moitos dos ríos máis longos do mundo orixínanse na meseta tibetana. Estes ríos levan o 25% da erosión do chan do mundo mariño. Entre eles inclúense o Yangtzé, o río Amarelo, o Indo, o Sutlej, o río Yarlung Tsangpo (coñecido como o Brahmaputra na India), o Mekong, o Irauadi e o Salween.

Entre os seus numerosos lagos salgados están o lago Qinghai, o lago Nam (ou Namtso), o Dagze Tso, o lago Yamzho Yumco, o lago Puma Yumco e o lago Paiku.

O altiplano tibetana experimentou catro períodos glaciais e tres interglaciais durante os cales o clima queceu.[5]

  1. "A Unique Geographical Unit". Consultado o 5 de agosto de 2007. 
  2. "Widespread Glaciers and Frozen Soil". Consultado o 6 de agosto de 2007. 
  3. "The New Largest Canyon in the World --The Great Canyon of Yarlung Tsangpo River (Tíbet)". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2007. Consultado o 29 de agosto de 2007. 
  4. "Leaf morphology and the timing of the rise of the Tibetan Plateau". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 23 de xullo de 2007. 
  5. "Widespread Glaciers and Frozen Soil". Consultado o 5 de agosto de 2007. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar