[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Alexandre III, papa

Rolando Bandinelli, nado en Siena e finado en Civita Castellana o 3 de agosto de 1181, foi Papa da Igrexa católica desde 1159 co nome de Alexandre III.

Modelo:BiografíaAlexandre III, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Alexander III Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Orlando Bandinelli Editar o valor en Wikidata
c. 1100 Editar o valor en Wikidata
Siena, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 1181 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Civita Castellana, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Xoán de Latrán
Tomb of Alexander III (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
170º Papa
14 de setembro de 1159 – 30 de agosto de 1181 (Gregoriano)
← Hadrián IVLucio III →
Cardeal
outubro de 1150 (Gregoriano) – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Boloña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boloña Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrdem de Santo Agostinho (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónLucio III Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Александр III (папа римский))
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1180726 Find a Grave: 76773700 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou Dereito Canónico na Universidade de Boloña, e impartiu esta materia en Boloña e Pisa. Escribiu a Stroma ou Summa Magistri Rolandi, un dos primeiros comentarios sobre o Decreto de Graciano.

En outubro de 1150 foi nomeado por Uxío III cardeal-diácono de San Cosme e Damián; despois foi nomeado cardeal-legado de San Marcos. Nesa época escribiu Sentencias, baseadas na Introductio ad theologiam de Pedro Abelardo. En 1153 foi nomeado chanceler da Igrexa, erixíndose como dirixente dos cardeais opostos ao Emperador Frederico Barbarroxa, elixido en 1152, e que pretendía estender o seu imperio por toda Italia. Así comezaba a batalla polo dominium mundi.

O 7 de setembro de 1159 Rolando foi elixido sucesor de Hadrián IV, e aceptado sen reservas pola maioría das monarquías católicas. Porén, unha minoría de cardeais pro-xermánicos elixiron o cardeal Ottaviano de Monticelli, coñecido como o antipapa Vítor IV. Ao igual ca os seus sucesores Pascual III (1164-1168) e Calisto III (1168-1178) obtivo o apoio do Emperador Barbarroxa e dos estados controlados por el.

En 1160 Vítor IV foi recoñecido como Papa no sínodo de Pavia. Alexandre III viuse obrigado a exiliarse e fuxiu a Francia, permanecendo en Sens até o 23 de novembro de 1165, cando regresou a Roma, se ben tivo que volver marchar de inmediato trala chegada á cidade do Emperador, que en 1166 se fixo coroar polo antipapa Pascual III.

A partir de 1167 Alexandre III refuxiouse sucesivamente en Gaeta, Benevento, Anagni e Venecia. Volveu a Italia apoiado pola Liga Veronesa e, aproveitando as dificultades ás que tiña que facer fronte o emperador, organizou a Liga Lombarda que acrecentou o seu poder ao unirse á Liga Veronesa e combater ao Emperador, que estaba enleado nunha serie de campañas polo norte de Italia. Na batalla de Legnano (1176), Barbarroxa foi derrotado e obrigado a asinar a paz de Venecia, en 1177.

O Emperador tivo que recoñecer a Alexandre III como Papa lexítimo e devolver á Santa Sé os territorios ocupados; en consecuencia, o Papa levantou a excomuñón que pesaba sobre el desde 1160. O 12 de marzo de 1178, Alexandre III regresou de novo a Roma.

En marzo de 1179 Alexandre III convocou o Concilio de Letrán III, recoñecido polo catolicismo como o undécimo Concilio Ecuménico. Alexandre conseguiu que fosen aceptadas algunhas das súas proposicións. Entre elas, para evitar os posibles cismas, estableceuse que a elección do Papa debía ter o apoio de polo menos dous terzos dos cardeais.

Este sínodo iniciou o apoxeo do poder de Alexandre III, que ademais de obrigar a Barbarroxa a recoñecelo como Papa, humillou a Henrique II de Inglaterra ao tomar partido, no seu enfrontamento, por Thomas Becket, arcebispo de Canterbury. Confirmou o dereito á coroa de Afonso I de Portugal e, no seu exilio, gozou da protección e o favor de Lois VII de Francia. Non obstante, pouco despois de clausurarse o sínodo, a nobreza romana obrigou a Alexandre III a deixar a cidade, á que non volvería xamais.

O 29 de setembro de 1179 algúns nobres intentaron proclamar ao antipapa Inocencio III como sucesor de Alexandre III, co que continuou a dualidade do catolicismo. Utilizando sisudamente o control das finanzas, Alexandre III recobrou o poder. En 1181 excomungou a Guillerme I de Escocia e levantou a prohibición que pesaba sobre o reino de Escocia.

Alexandre III levou a cabo unha serie de reformas no interior da Igrexa e fortaleceu a autoridade pontificia. Canonizou a Thomas Becket (1173), Bernaldo de Claraval (1173) e a Eduardo o Confesor (1161).

As Profecías de San Malaquías refírense a el como "Ex ansere custode".

Relación con Galiza

editar

Alexandre III concedeu e confirmou o privilexio do Ano Santo Xacobeo de Santiago de Compostela, de modo que os anos en que o 25 de xullo (festa do Apóstolo Santiago) cadra en domingo é posible gañar na catedral de Compostela as mesmas indulxencias que se logran en Roma os anos xubilares. A Regis aeterni, datada en 1179, é a bula de concesión máis antiga que conserva a relixión católica, Nela confírmase un privilexio anterior concedido por Calisto II (1118-1124).

No ano 1163 o abade Sancho, do Mosteiro de Santa María de Montederramo, recibiu unha bula do papa Alexandre III pola que acolle ao mosteiro baixo a súa protección e amparo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.