Air Burkina
Air Burkina SA é a aeroliña nacional de Burkina Faso. Opera voos regulares dende a súa principal base no aeroporto de Uagadugú cara a un único destino doméstico, o aeroporto de Bobo Dioulasso, ademais de servizos rexionais a Togo, Benín, Malí, o Níxer, Costa do Marfil, o Senegal e Ghana. Dende 2001 ata 2017 a compañái foi propiedade na do consorcio AKFED/IPS, pero no presente están novamente en mans do goberno, con informes de que se está a buscar un novo investidor para a aeroliña.[1][2]
Air Burkina | ||
---|---|---|
IATA 2J | OACI VBW | Indicativo BURKINA |
Fundación | 1967 (como Air Volta) | |
Aeroporto principal | aeroporto de Uagadugú | |
Plan de voo frecuente | Celestars | |
Frota | 2 | |
Destinos | 9 | |
Páxina web: http://www.air-burkina.com |
Historia
editarA aeroliña fundouse o 17 de marzo de 1967 co nome de Air Volta. Oriximalmente era propiedade en parte do goberno de Burkina Faso e en parte de Air France, quedando o resto en mans privadas. No ano 1978 mercou o seu primeiro avión, un Embraer EMB-110 Bandeirante, e o segundo, un Fokker F28, chegou en 1983.[3]
Co paso doa anos a compañía tivo serios problemas de débedas, chegando a ter un déficit dun billón de francos CFA en 1992 (ao redor dun millón e medio de dólares). En parte debido a estes problemas, o goberno privatizou a aeroliña o 21 de febreiro de 2001, transferindo o 56% das súas accións ao consorcio AKFED/IPS, parte da Aga Khan Development Network. O goberno retivo o 14% das accións.[3] Tras a privatización e a liquidación de Air Afrique en 2001 a débeda da aeroliña aliviuse quedando as previsións nuns ingresos anuais de 3,5 billóns de francos CFA.[3][4]
En agosto de 2013 informes de prensa anunciaron que o goberno falaría co principal accionista, AKFED & IPS, tras o recente Consello de Ministros para discutir do estado financeiro da aeroliña. Segundo o Ministro de Infraestruturas e Transportes, un informe presentado ao goberno afirmaba que Air Burkina "encaraba unha situación financieira difícil".[5] En maio de 2017 anunciouse que o goberno faríase cargo da xestión da aeroliña tras a sinatura dun contrato de cesamento de xestión con AKFED, que vendeu as súas acción ao simbólico prezo dun franco.[1]
Frota
editarEn maio de 2018 a frota de Air Burkina estaba formada polos seguintes avións:[6]
Avión | En servizo | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Embraer E-170 | 2 | 12 | 56 | 68 | [7] | |
Total | 2 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Journal du Cameroun (ed.). "B/Faso gov’t takes over Air Burkina management". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2018. Consultado o 28 de maio de 2018.
- ↑ Voa Afrique (ed.). "Air Burkina prend son envol avec le gouvernement burkinabè". Consultado o 28 de maio de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Panafrican News Agency (ed.). "Air Burkina Set to Extend Its Network". Consultado o 28 de maio de 2018.
- ↑ OECD (ed.). "African Economic Outlook: Burkina Faso" (PDF). Consultado o 28 de maio de 2018.
- ↑ ch-aviation (ed.). "Ouagadougou mulls Air Burkina's future with AKFED". Consultado o 28 de maio de 2018.
- ↑ Air Burkina (ed.). "Our Fleet". Consultado o 28 de maio de 2018.
- ↑ ch-aviation (ed.). "Air Burkina on course to add first E170 shortly". Consultado o 28 de maio de 2018.