[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Afonso de Borbón e Dampierre

nobre español

Afonso de Borbón e Dampierre, duque de Cádiz, nado en Roma (Reino de Italia) o 20 de abril de 1936 e finado en Beaver Creek (condado de Eagle, Colorado) o 30 de xaneiro de 1989, foi un nobre español, curmán de Xoán Carlos de Borbón e Borbón e pretendente lexitimista ao trono de Francia entre o 20 de marzo de 1975 (data da morte do seu pai) e a súa propia morte.

Modelo:BiografíaAfonso de Borbón e Dampierre

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Alphonse de Bourbon Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alfonso Jaime Marcelino Manuel Víctor María de Borbón y Dampierre Editar o valor en Wikidata
20 de abril de 1936 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xaneiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Beaver Creek Resort, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaConvento de Las Descalzas Reales (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente do Comité Olímpico Español
1984 – 1987
← Romà Cuyàs Sol (en) TraducirCarlos Ferrer Salat →
Ambassador of Spain to Sweden (en) Traducir
1969 – 1972 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDucado de Cádiz
Duque de Anjou Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borbón-Anjou Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCarmen Martínez-Bordiú y Franco (1972–) Editar o valor en Wikidata
FillosFrancisco de Asís de Borbón e Martínez-Bordíu, Luís Afonso de Borbón Editar o valor en Wikidata
PaisXaime de Borbón e Battenberg Editar o valor en Wikidata  e Emmanuelle de Dampierre Editar o valor en Wikidata
IrmánsPrince Gonzalo de Bourbon Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1196854 WikiTree: Bourbon-91 Find a Grave: 97542338 Editar o valor en Wikidata

Era fillo do infante de España Xaime de Borbón e Battenberg, duque de Segovia, e da súa primeira esposa, Emanuela de Dampierre e, polo tanto, neto do rei Afonso XIII de España.

Traxectoria

editar

Alfonso naceu na Clínica Santa Anna, en Roma.[1] Foi bautizado na casa da súa avoa materna, a princesa italiana Vittoria Ruspoli, dos príncipes de Poggio Suasa, o Palazzo Ruspoli, na Via del Corso, polo Cardeal Euxenio Pacelli (despois papa Pío XII).[2]

Familia

editar

O seu pai Xaime de Borbón renunciou en 1933 aos dereitos de sucesión ao trono de España para el e os seus descendentes pola súa limitación física, posto que era xordomudo, e por expresa orde do rei Afonso XIII de España (o seu pai), que naquela época xa se encontraba no exilio debido á proclamación en 1931 da Segunda República española.

Xaime de Borbón contraeu matrimonio, algúns anos despois, con Emanuela de Dampierre, unha muller que, aínda que proviña de familia nobre, non pertencía á realeza, un requisito para evitar quedar excluído da liña sucesoria que estivo vixente na monarquía española desde o reinado de Carlos III.

Afonso de Borbón só tivo un irmán, Gonzalo de Borbón e Dampierre (1937-2000), con quen tivo moi boa relación. Recibiron xuntos a primeira comuñón o 8 de decembro de 1946 no palacio dos seus tíos maternos, os condes Miani di Angoris. O mesmo día, foron confirmados polo Pedro Segura, arcebispo de Sevilla.

Os seus pais separáronse moi pronto, e o infante Xaime volveu a casar, esta vez cunha cantante de cabaret prusiana, divorciada e nai dunha filla, Charlotte Luise Auguste Tiedemann (1919-1979); por outra parte, Emanuela de Dampierre casou cun banqueiro milanés, Antonio Sozzani (1918-2007).

Os dous irmáns, Afonso e Gonzalo, estudaron primeiro no Liceo francés Chateaubriand de Roma e, posteriormente, nun internado suízo, San Xoán de Friburgo. Adoitaban acudir a Lausana para visitar a súa avoa "Gangan", a raíña Vitoria Uxía, quen lles profesaba verdadeiro afecto.

Afonso, que até os 17 anos non falaba o español e soamente entendía italiano e francés, contratou un profesor particular que lle deu clases de español no internado onde vivía.

Afonso XIII nunca considerou os seus netos Afonso e Gonzalo membros da liña sucesoria debido á renuncia do seu pai. En 1954, co permiso do xeneral Franco, os irmáns marcharon a España. Non era a primeira vez que Afonso pisaba terra española, dado que uns anos antes, mentres navegaba cos seus amigos polo Mediterráneo desde a costa francesa, unha tormenta obrigounos a ancorar nun porto dunha illa próxima (que resultou ser Ibiza.[3] Afonso comentou posteriormente que, comparado con Italia e Francia, España lle parecera un país moi pobre.

Primeiro residiu en Bilbao, onde estudou Dereito na Universidade de Deusto. Despois continuou cursando estudos en Valladolid e na Universidade San Pablo CEU de Madrid. En plena carreira universitaria, puido cumprir o servizo militar na Academia de Cabalería de Valladolid e, como anécdota, certo xeneral de dita academia protestou pola inscrición do xove Afonso, aducindo que era italiano e que debía volver ao país do seu nacemento, Italia.

Foi padriño de bautismo da infanta Cristina en 1965.

Vida pública

editar

Francisco Franco designou, o ano 1969, o primo de Afonso Xoán Carlos de Borbón e Borbón como sucesor na Xefatura do Estado. Algúns anos antes, Afonso de Borbón especulara na televisión francesa a súa posibilidade de poder ser rei de España: «Hai tres condicións para isto: ter sangue real, ter trinta anos de idade e ser español. Obviamente, eu cumpro ditos requisitos» mencionou. Posibelmente estas especulacións tiveron a súa orixe cando o seu pai, Xaime de Borbón e Battenberg, se retractou da súa renuncia ao trono e se autoproclamou como o Xefe da Casa Real dos Borbóns nas súas ramas española e francesa, así como duque de Anjou.

Cando Franco designou o futuro Xoán Carlos I como sucesor, nomeou a Afonso de Borbón e Dampierre embaixador de España en Suecia. Foi alí onde encontrou a súa futura esposa, María do Carme Martínez-Bordiú e Franco. O seu futuro sogro, o marqués de Villaverde, Cristóbal Martínez-Bordiú, levouna a un acto en Estocolmo ao que Afonso o convidara.

 
Edificio no que tiña a súa sede o Instituto de Cultura Hispánica.
Hoxe é a sede principal da AECID.

Entre outros cargos, foi presidente do Instituto de Cultura Hispánica (actual Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, AECID), realizando varias viaxes oficiais a Latinoamérica. Entre outros lugares, a Centroamérica, onde logrou o compromiso dunha nova sede para o Centro Cultural de España en Guatemala (Instituto Guatemalteco de Cultura Hispánica). Na recensión deste acto, o diario ABC de Sevilla prognosticaba que «outras sedes do Instituto de Cultura Hispánica levantaranse probabelmente nun futuro próximo na zona do Caribe».[4]

Así mesmo, foi presidente da Federación Española de Esquí e do Comité Olímpico Español, ademais de conselleiro de Campsa e Asesa. Militarmente, Afonso tiña o grao de oficial do Exército do Aire de España.

Matrimonio e fillos

editar

O 23 de decembro de 1971 Afonso fixo formal a súa petición de man aos pais de Carmen Martínez-Bordiú no Palacio de El Pardo, con asistencia da súa nai, Emanuela de Dampierre, e do seu irmán, Gonzalo de Borbón e Dampierre, aínda que non do seu pai, o infante Xaime de Borbón e Battenberg. O 8 de marzo de 1972 casaron na capela de dito palacio. Para asistir a este acontecemento, chegou a Madrid o pai de Afonso, por primeira vez en corenta anos desde a súa saída ao exilio, e ao chegar rompeu a chorar, segundo contou o seu outro fillo, Gonzalo, que o recibiu no Aeroporto de Barajas. Foron padriños de voda o xeneral Franco (por parte da noiva) e Emanuela de Dampierre (por parte do noivo).

Despois de que Afonso contraera matrimonio con Carmen Martínez-Bordiú, os rumores dunha posíbel alteración da liña sucesoria volveron a divulgarse. O matrimonio recibiu de Xoán de Borbón o ducado de Cádiz. Algúns familiares e persoas da contorna de Francisco Franco, especialmente a súa esposa Carmen Polo, querían que Afonso fose designado sucesor de Franco a título de rei, no canto do seu curmán Xoán Carlos. Franco sentía verdadeira aversión cara ao pai de Xoán Carlos, Xoán de Borbón e Battenberg e, desde algúns sectores especulábase que dito cambio se levaría a cabo.

Porén, Franco non alterou os plans de sucesión da Xefatura do Estado previstos desde 1969, e Xoán Carlos de Borbón sería proclamado rei de España, tras a morte do ditador, o 20 de novembro de 1975.

Despois da voda, os noivos trasladáronse a Estocolmo, onde Afonso seguiu desempeñando os labores de embaixador durante todo o seu mandato. Estando en Suecia, o matrimonio anunciou que esperaban o seu primeiro fillo: Francisco de Asís de Borbón, que naceu na Clínica de San Francisco de Asís de Madrid o 22 de novembro de 1972. Tivo como padriños o seu bisavó materno o xeneral Franco, e a súa bisavoa paterna, a princesa Vittoria Ruspoli. Case dous anos despois, o 25 de abril de 1974 naceu Lois Afonso de Borbón, na mesma clínica que o seu irmán. Tivo como padriños a súa bisavoa materna, Carmen Polo, e o seu avó paterno, o infante Xaime de Borbón e Battenberg, que foi representado polo seu fillo Gonzalo.

O 20 de marzo de 1975, o infante Xaime de Borbón e Battenberg morreu en Suíza; estivera dúas veces na súa patria nos últimos anos da súa vida e só coñeceu o seu primeiro neto, Francisco, cando este foi bautizado pouco despois do seu nacemento. O duque de Cádiz e o seu irmán puideron chegar a tempo ao hospital suízo onde se encontraba internado o seu pai, que aínda estaba consciente; despois caeu en coma e morreu aos poucos días. Nese mesmo ano 1975, Afonso tamén perdeu o seu avó materno, Roger de Dampierre, vizconde de Dampierre, duque pontificio de San Lorenzo Nuovo e nobre de Viterbo.

En 1979, Afonso e Carmen separáronse. O 24 de maio de 1982, anunciaron o seu divorcio. Ese mesmo ano faleceu a súa avoa materna, Vittoria Emilia Ipsicratea Agricola, princesa Ruspoli de Poggio Suasa.

Últimos anos de vida e falecemento

editar

Dous anos despois do seu divorcio, o domingo 5 de febreiro de 1984, cinco minutos antes das oito da tarde, conducindo un turismo Citroën CX 25 GTI, Afonso sufriu un terríbel accidente automobilístico ao chocar, superado un sinal de stop, contra un camión Pegaso no cruzamento do ramal de saída da autoestrada A 15 (hoxe AP 15) coa estrada comarcal C-101 (hoxe N-113) no termo municipal de Corella (Navarra) cerca de Cintruénigo), cando volvía de esquiar na estación de Astún e, como consecuencia do accidente, o seu fillo máis vello, Francisco de Asís, faleceu no hospital en Pamplona, o 7 de febreiro de 1984 aos 11 anos de idade. No coche viaxaba tamén o seu fillo máis novo, Lois Afonso, e a institutriz dos nenos. Afonso de Borbón e Dampierre non puido estar no enterro do seu fillo por estar a súa propia vida en perigo.

O 16 de decembro de 1986, o duque de Cádiz e Carmen Martínez-Bordiú (apelidada entón Rossi) obtiveron no Tribunal da Rota Romana de Madrid, a nulidade eclesiástica do seu matrimonio.

Afonso tivo unha relación coa actriz arxentina Mirta Miller, que publicou posteriormente un libro sobre da súa relación con Afonso de Borbón. A profesión dela, así como a súa participación en diversos filmes na época da transición, causaron certa polémica entre os lexitimistas, que vían a relación como inadecuada. Posteriormente, na última etapa da súa vida, tivo unha relación sentimental estábel, con visos de acabar en matrimonio, coa arquiduquesa María Constanza de Habsburgo, filla do arquiduque Carlos Lois, e da princesa Iolanda de Ligne (n. 1923), relación que era do agrado da nai de Afonso.

En 1988 falece en Madrid a que fora a súa avoa política, Carmen Polo.

Afonso de Borbón e Dampierre morreu traxicamente o 30 de xaneiro de 1989 nun accidente de esquí en Beaver Creek, condado de Eagle (Colorado). Viaxara aos Estados Unidos para gozar do seu deporte favorito, o esquí, durante a celebración dos Campionatos do Mundo. A súa morte ocorreu mentres se encontraba inspeccionando as pistas de Beaver Creek despois da celebración dunhas probas de esquí feminino; encontrouse co seu amigo Toni Sailer (1935-2009), campión de esquí austríaco, e baixaron xuntos polas pistas; ao chegar á meta, Sailer parou ao ver un cabo demasiado baixo e foi avisar do perigo aos esquiadores. Porén, Afonso pasou pola esquerda de Sailer e o cabo cortoulle o pescozo.[5] A presenza de Afonso nas pistas foi obxecto de discusión e, ao parecer, un empregado estivera manipulando o cabo de aceiro. Ambas as situacións xustificáronse nun comuniado do shériff de Beaver Creek.[6]

A morte de Afonso certificouse á chegada do seu cadáver a un centro médico da zona. Segundo o informe preliminar da autopsia, a morte foi instantánea, pero cando o recolleron das pistas, tempo despois do accidente, aínda tiña un pulso débil.[5][7][8]

O seu cadáver foi repatriado e enterrado no Mosterio das Descalzas Reais de Madrid, onde descansan tamén os restos do seu fillo Francisco desde 1984. Desde o ano 2000, tamén descansan en dita capela os restos do irmán de Alfonso, Gonzalo de Borbón e Dampierre, falecido en Lausana, Suíza, a consecuencia dunha leucemia.

O estraño suceso do falecemento de Afonso suscitou un forte debate que continúa hoxe en día sobre se foi intencionado ou un simple descoido do operario que debía colocar unha pancarta publicitaria, e que desaparecería nos seguintes días do suceso. Os poucos familiares que falaron do caso quixeron consideralo un accidente, aínda que ningún exclúe a posibilidade de que fora un homicidio, que como tal quedou rexistrado nos arquivos do shériff de Beaver Creek.[9][10]

Afonso de Borbón e Dampierre foi considerado por algúns sectores (moi minoritarios) do lexitimismo francés como cabeza da casa real francesa co nome de Afonso II de Francia, ao ser o suposto descendente máis directo por liña paterna de Hugo Capeto e, por tanto, herdeiro dos antigos reis franceses segundo o dereito do Antigo Réxime. Porén, estas pretensións xamais obtiveron ningún recoñecemento nin validez oficial, e incluso a súa mesma base foi cuestionada debido á explícita renuncia dos seus dereitos do pai de Afonso, para si e para os seus descendentes.

Desde a morte de Afonso, o seu fillo Lois Afonso é considerado por algúns monárquicos franceses como Lois XX de Francia, virtual rei de dito país, e titular dos ducados de Anjou, Borbón e de Touraine, aínda que oficialmente non se lle recoñecen tales distincións, nin ningunha outra, xa que en España tampouco posúe ningún título nobiliario na actualidade.

Durante a segunda quincena de setembro de 2010, a canle española Telecinco emitiu un telefilme biográfico (biopic) sobre a vida de Afonso de Borbón e Dampierre, en dous capítulos, titulado Alfonso, el príncipe maldito. O papel de Afonso foi interpretado polo actor español José Luis García Pérez.

Distincións honoríficas

editar

Afonso foi Cabaleiro das Ordes de Malta, Sagrada e Militar Orde Constantiniana de San Xurxo, Orde Militar e Hospitalaria de San Mauricio e San Lázaro, Estrela Polar de Suecia, Real e Distinguida Orde Civil Americana de Isabel a Católica etc.

Antepasados

editar
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Francisco de Asís de Borbón, rei consorte de España
 
 
 
 
 
 
 
8. Afonso XII, rei de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Isabel II, raíña de España
 
 
 
 
 
 
 
4. Afonso XIII, rei de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. arquiduque Carlos Fernando de Austria
 
 
 
 
 
 
 
9. arquiduquesa María Cristina de Habsburgo-Lorena
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. arquiduquesa Isabel Francisca de Austria
 
 
 
 
 
 
 
2. infante Xaime de Borbón e Battenberg, duque de Segovia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. príncipe Alexandre Lois de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
10. príncipe Henrique Mauricio de Battenberg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Xulia Teresa de Hauke, princesa de Battenberg
 
 
 
 
 
 
 
5. princesa Vitoria Uxía de Battenberg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. príncipe Alberte de Saxonia-Coburgo-Gotha
 
 
 
 
 
 
 
11. princesa Beatriz María do Reino Unido
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Vitoria I, raíña do Reino Unido e emperatiz da India
 
 
 
 
 
 
 
1. Afonso de Borbón e Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Vizconde Henri de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
12. Ricardo de Dampierre, I duque de San Lorenzo Nuovo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Elizabeth Tayloe Corbin
 
 
 
 
 
 
 
6. Roger de Dampierre, II duque de San Lorenzo Nuovo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Pierre Étienne Carraby
 
 
 
 
 
 
 
13. Jeanne Marie Carraby
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Marie Marguerite Ybry
 
 
 
 
 
 
 
3. Emanuela de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Príncipe Bartolomeo Ruspoli
 
 
 
 
 
 
 
14. Emanuel Ruspoli, I príncipe de Poggio Suasa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Carolina Ratti
 
 
 
 
 
 
 
7. Princesa Vittoria Ruspoli de Poggio Suasa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Joseph David Beers-Curtis
 
 
 
 
 
 
 
15. Xosefina María Beers-Curtis
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Elizabeth Shipton-Giles
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Xaime de Borbón e Battenberg
(como Henrique VI)
Pretendente lexitimista ao trono de Francia
1975 - 1989
Sucesor:
Lois Afonso de Borbón e Martínez-Bordiú
(como Lois XX)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Apezarena, José (2007): Luis Alfonso de Borbón, un Príncipe a la espera. Barcelona: Plaza y Janés. ISBN 978-84-01-30552-8.
  • Aranguren, Begoña (2003): Emanuela de Dampierre, Memorias: Esposa y madre de los Borbones que pudieron reinar en España. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-141-7. Sinopse.
  • Dem, Marc (1989): Le duc d'Anjou m'a dit: la vie de l'aîné des Bourbons. París: Perrin. ISBN 978-2-262-00725-X.
  • Silve de Ventavon, Jean (1989): La légitimité des lys et le duc d'Anjou. París: Editions F. Lanore. ISBN 978-2-85157-060-9.
  • Zavala, José María (2008): Dos infantes y un destino. Barcelona: Plaza & Janés, 1998. ISBN 978-84-0155-006-8.
  • Zavala, José María (2008): El Borbón non grato. La vida silenciada y la muerte violenta del duque de Cádiz. Madrid: Áltera, 2008. ISBN 978-84-96840-38-6.