10 de xaneiro
data
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 10 de xaneiro é o 10º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 355 días para finalizar o ano, 356 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 49 a. C. - Xulio César cruza o río Rubicón, marcando o inicio da segunda guerra civil da República romana.
- 1072 - O normando Roberto Guiscardo conquista Palermo.
- 1474 - Na localidade de Delft, na Holanda Meridional, publícase a Biblia de Delft, a primeira en lingua neerlandesa.
- 1514 - En España publícase a Biblia Complutense, a primeira edición multilingüe.
- 1601 - A Corte de Filipe III de España trasládase de Madrid a Valladolid, conforme unha orde oficial do día anterior.
- 1806 - Na Cidade do Cabo (Suráfrica), os Países Baixos réndense a Inglaterra.
- 1810 - O matrimonio entre Napoleón Bonaparte e Josephine de Beauharnais é anulado.
- 1861 - Na guerra civil estadounidense, Florida sepárase da Unión.
- 1863 - Inaugurada a primeira liña do Metro (tren subterráneo) de Londres
- 1880 - Na montaña de Cucaracha (Panamá) estala a primeira carga de dinamita que tiña de derrubar as cordilleiras do istmo para dar paso as augas polo interoceánico Canal de Panamá.
- 1889 - Francia ocupa Costa do Marfil.
- 1920 - A Liga das Nacións (precursora da ONU) reúnese por primeira vez e ratifica o Tratado de Versalles. Remata a primeira guerra mundial.
- 1922 - En Irlanda, Arthur Griffith é escollido presidente do Estado Libre de Irlanda.
- 1923 - Lituania ataca e anexa a cidade de Klaipeda (Memel en alemán).
- 1929 - Comeza a publicación das Aventuras de Tintín, de Georges Remi (Hergé). A primeira aventura foi "Tintín no país dos Soviets".
- 1941 - En Berlín, a Unión Soviética e Alemaña asinan un pacto que delimita as novas fronteiras entre os dous países.
- 1942 - Xapón invade Indonesia.
- 1945 - En Londres, o rei Xurxo VI inaugura solemnemente os traballos preparatorios da Organización das Nacións Unidas.
- 1946 - En Londres inaugúrase a Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Están representadas cincuenta e unha nacións.
- 1946 -Mao Tse Tung e Chiang Kai-shek declaran o alto o fogo na China trala mediación do presidente estadounidense Harry S. Truman.
- 1962 - Nos EUA a NASA anuncia os seus plans de construír un foguete Saturn V para a súa Misión Apolo.
- 1964 - Panamá rompe relacións diplomáticas cos Estados Unidos.
- 1973 - O cineasta español Luis Buñuel é galardoado en Hollywood co Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa por O discreto engado da burguesía.
- 1985 - En Nicaragua, Daniel Ortega toma posesión da presidencia.
- 1989 - En Angola, as tropas cubanas comezan a retirarse.
- 1995 - O rei de España, Juan Carlos I e o expresidente dos Estados Unidos, Jimmy Carter obteñen o Premio da Paz da UNESCO.
- 1997 - Arnoldo Alemán toma posesión da presidencia de Nicaragua.
Nacementos
editar- 1538 - Luis de Nassau, xeneral holandés (m. 1574).
- 1769 - Michel Ney, mariscal francés (m. 1815).
- 1859 - Francesc Ferrer i Guàrdia, pedagogo e librepensador catalán (m. 1909).
- 1880 - Manuel Azaña, presidente da Segunda República Española (m. 1940).
- 1883 - Aleksei Nikolaevich Tolstoi, escritor ruso (m. 1945).
- 1892 - César Alvajar, escritor, xornalista e político galego (m. 1965).
- 1893 - Vicente Huidobro, poeta chileno (m. 1948).
- 1898 - Katharine Blodgett, inventora estadounidense e primeira doutora en Física por Cambridge.
- 1920 - Miguel Anxo Araúxo Iglesias, bispo e escritor (m. 2007).
- 1924 - Eduardo Chillida, escultor español (m. 2002).
- 1936 - Robert Woodrow Wilson, científico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1978.
- 1945 - Rod Stewart, cantante e músico escocés.
- 1947 - Afeni Shakur, membro do Partido Pantera Negra e nai de Tupac Shakur.
- 1948 - Mischa Maisky, violonchelista israelí de orixe letoa.
- 1949 - George Foreman, boxeador estadounidense.
- 1956 - Antonio Muñoz Molina, escritor español.
- 1956 - Suso de Toro escritor galego.
- 1973 - Iker Jiménez, xornalista vasco.
- 1985 - Martiño Rivas, actor galego.
Mortes
editar- 1276 - Gregorio X, papa e santo italiano (n. 1276).
- 1778 - Carl von Linné, botánico sueco (n. 1707).
- 1862 - Samuel Colt, inventor do revólver que leva o seu nome (n. 1814).
- 1917 - Buffalo Bill, showman estadounidense (n. 1845).
- 1940 - Guillermo Vicente Santiago, industrial, xornalista e político galego (n. 1896).
- 1951 - Sinclair Lewis, escritor estadounidense, Premio Nobel de Literatura en 1930 (n. 1885).
- 1957 - Gabriela Mistral, poetisa chilena, Premio Nobel de Literatura en 1945 (n. 1889).
- 1960 - Xohán Casal, escritor galego (n. 1935).
- 1961 - Dashiell Hammett, escritor estadounidense (n. 1894).
- 1971 - Coco Chanel, deseñadora francesa (n. 1883).
- 1985 - Anton Karas, compositor e intérprete de cítara vienés (n. 1906).
- 1985 - Mary Kenneth Keller, pioneira estadounidense da informática (n. 1913).
- 1986 - Jaroslav Seifert, escritor checoslovaco e Premio Nobel de Literatura en 1984 (n. 1901).
- 1997 - Alexander R. Todd, químico escocés, Premio Nobel de Química en 1957 (n. 1907).
- 2007 - Carlo Ponti, produtor de cine italiano, marido de Sophia Loren (n. 1912).
- 2011 - Juanito Navarro, actor español (n. 1924).
- 2016 - David Bowie, cantante inglés (n. 1947).
- 2017 - Gonzalo Puente Ojea, escritor e diplomático español (n. 1924).
Festas e celebracións
editarFestas cristiás
editar- Na Igrexa Católica
- Santo Agatón, papa
- San Gonzalo de Amarante, confesor
- San Pedro Orseolo