[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Perla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perlas.

Unha perla é o produto dunha reacción de enquistamento dun corpo estraño no interior do corpo brando dun molusco, especialmente bivalvo. As perlas máis coñecidas son consideradas como xemas e pedras preciosas, pola súa simetría e o seu brillo particular. As perlas son producidas por unha gran maioría de ostras pertencentes á familia Pteriidae.

As perlas naturais fórmanse cando un corpo estraño penetra no corpo do molusco, que reacciona lentamente cubrindo a partícula cunha mestura de cristais de carbonato de calcio (CaCO3) e unha proteína chamada conchiolina, formando a substancia coñecida como nácara, que é a substancia que reviste a cavidade do manto do animal (as paredes internas das cunchas). Tras un período variable, a partículas rematan cubertas por unha ou máis capas de nácara, formando unha perla, á que lle leva preto de 10 anos crearse.

As perlas son de cor, tamaño e forma variables. O valor da perla determínase por varios criterios, pero pódense resumir en tres: unha forma desexable (por exemplo, as esferas perfectas ou as "bágoas"), a rareza da súa cor (case toda a gama entre branco e negro) e, por suposto, o tamaño. Aínda que a estética e o tamaño son fundamentais na avaliación dunha perla, o prezo final depende en gran medida das tendencias da moda do momento.

O brillo das perlas débese á reflexión luminosa na superficie cristalina, mentres que a iridescencia vén da refracción e difracción da luz nas múltiples capas de nácar translúcido que forman a perla.

As perlas teñen sido apreciadas por bastantes culturas dende a antigüidade por mor da súa rareza, beleza e extraordinario valor. Actualmente as perlas non teñen tanto valor monetario como en épocas pasadas, principalmente debido a que a maioría delas son cultivadas, o que as desvaloriza polo aumento na oferta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]