[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Zubiri, Navarra

Modelo:Xeografía políticaZubiri, Navarra
Imaxe

Localización
Mapa
 42°55′49″N 1°30′16″O / 42.930277777778, -1.5044444444444
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra
ConcelloEsteribar Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación466 (2020) Editar o valor en Wikidata (0,92 hab./km²)
Xeografía
Superficie508 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude526 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31630 Editar o valor en Wikidata

Zubiri é unha localidade do val e municipio de Esteribar en Navarra, dentro da comarca de Auñamendi e a Meiriñado de Sangüesa. A localidade atópase a 20 km de Pamplona e en 2013 tiña 439 habitantes[1] É a capital administrativa do val, onde se sitúa o seu concello e ademais o centro industrial do mesmo. Na localidade atópase a planta de Magnesitas Navarras, S.A. (MAGNA), unha empresa de transformación de magnesita.[2]

Topónimo

[editar | editar a fonte]

O nome de Zubiri significa "Vila da Ponte", do éuscaro (Zubi: ponte e iri: vila).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A localidade atópase en centro do val de Esteribar baixo o monte Murelu (650 msnm.), a 526 msnm. de altitude, na beira dereita do río Arga e a 20 km da capital Navarra, Pamplona.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación da localidade nos últimos anos.

Evolución demográfica[1]
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2013
387 389 393 393 411 429 433 460 423 439

Durante a Idade Media houbo na localidade un mosteiro beneditino, o cal dependeu de Leyre por unha doazón efectuada polo rei García o de Nájera en 1040.

Administración

[editar | editar a fonte]

A localidade está constituída como un concello pertencente ao municipio de Esteribar. O concello está formado por unha xunta de catro vocais e un presidente do concello.

Na localidade tamén se atopa a sede do Concello do val de Esteribar.

Camiño francés

[editar | editar a fonte]

O Camiño de Santiago seguindo a ruta do camiño francés pasa por Zubiri na súa segunda etapa partindo de Roncesvalles e é o punto de saída da terceira etapa.

O Camiño accede a Zubiri pola ponte medieval sobre o río Arga, Ponte da rabia, así chamado pola crenza de que se se obriga a un animal rabioso a dar unha volta completa ó redor do piar central, cura da enfermidade. Zubiri, en éuscaro, significa precisamente pobo da ponte.

Monumentos e lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Ponte da Rabia.

Arquitectura civil

[editar | editar a fonte]
  • Ponte da Rabia: Situado sobre o río Arga, é unha ponte lendaria de estilo románico do século XII. Segundo unha lenda que, ao pasar baixo os seus arcos, os animais afectados dunha enfermidade quedaban milagrosamente curados.
  • Fonte da auga de batueco: Segundo unha lenda popular as súas augas teñen propiedades curativas.
  • Albergue de Peregrinos

Arquitectura Relixiosa

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de San Esteban Protomartir: É un templo de nova construción, O edificio orixinal foi destruída durante as Guerras Carlistas.
  1. 1,0 1,1 Goberno de Navarra (ed.). "Datos de Zubiri". Consultado o 22 de outubro de 2009. 
  2. Concello de Esteríbar (ed.). "Pueblos del valle - Zubiri". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Datos de Zubiri - Goberno de Navarra: Información e datos de entidades locales de Navarra.
  • Datos de Zubiri - Federación Navarra de Municipios e Concejos.