[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Yangon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaYangon
ရန်ကုန် (my) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 16°47′42″N 96°09′36″L / 16.795, 96.16
EstadoMyanmar
Region of Myanmar (en) TraducirYangon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación6.874.000 (2022) Editar o valor en Wikidata (11.934,03 hab./km²)
Xeografía
Superficie576 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude15 m Editar o valor en Wikidata
Creación1028 ↔ 1043 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+6:30 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico01 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kunming (2008–)
Haikou (2017–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webycdc.gov.mm Editar o valor en Wikidata

Yangon (en birmano: ရန်ကုန်) é unha cidade de Myanmar, a maior e máis importante do país (4.668.755 hab. en 2007), e capital do mesmo ata o 2005 no que foi substituída pola nova cidade de Naypyidaw.

Situada no delta do Irawadi, a beira da súa póla máis oriental preto da desembocadura no Mar de Andaman, é o principal porto, centro industrial, comercial, financeiro e cultural de Myanmar.

Naceu coma cidade cando, en 1753, o rei Alaungpaya conquistou o que dende o século V era unha vila de pescadores xunto a un templo mon, Dagon, renomeándoa Yangon, "sen inimigos".

En 1852 caeu en mans do Imperio Británico que a chamaron Rangoon (Rangún).

Santuario de peregrinación

[editar | editar a fonte]

As orixes de Yangon van unidas ás do templo Shwedagon, unha estupa budista (pagode) erixida pola etnia Mon, segundo a lenda antes da morte de Buda (século V aC) con reliquias súas. Os arqueólogos, con todo, a datan entre o século VI e o X (inicialmente de nove metros de altura). A seu carón, na beira do río Yangon (en realidade o brazo máis oriental do delta do Irawadi), desenvolveuse unha aldea pesqueira do mesmo nome, Dagon.

Pagode Shwedagon, 1825.

O pagode foi arruinándose ata que no século XIV sucesivos rexes Mon de Bago (Pegu) a reconstrúen cada vez máis alta (acadando os 98m no século XV). Converteuse no santuario máis importante do reino, centro de peregrinación e Dagon, ao mesmo tempo, nun importante porto (inda que o porto comercial de cabeceira da rexión era o próximo Siriam, na beira oriental do río Pegu). Neste tempo foi fundado un novo asentamento ao oeste do Shwedagon.

Nos séculos seguintes, o pagode foi seriamente danado por varios terremotos. En 1755, o rei Alaungpaya, fundador da dinastía Konbaung, conquista Dagon e renoméaa Yangon. Convértea en cidade, agrandándoa engadindo asentamentos no sur do Shwedagon ao longo do río ( de oeste a leste Ahlon, Pabedan, Kyauktada e Botataung) arredor doutra pagode, Sule (que existía dende o tempo de Dagon). Asemade, faina porto do reino en detrimento de Siriam, destruído. En 1768, tras un novo terremoto que derruba o pináculo do Shwedagon, o rei Hsinbyushin reconstrúeo co seu aspecto dourado actual.[1][2] O rei Thayawaddy (1837-46) enriqueceu a cidade con templos e un complexo palaciano na actual Dagon Township (inmediacións do Shwedagon).

Rangún colonial

[editar | editar a fonte]

Destruída polo lume en 1841 e polos británicos cando a súa conquista en 1852, a cidade foi refeita segundo un plano reticular en paralelo ao río (deseño do enxeñeiro militar A. Fraser[3]) centrado no Pagode Sule, onde situáronse os edificios administrativos.[4] Nas mazás arredor desenvolveuse o comercio e actividades sociais. Nas máis exteriores, a área residencial e dos grupos étnicos (vg. a cidade chinesa). As mazás cadradas foron á súa vez divididas lonxitudinalmente na dirección perpendicular ao río (norte-sur) con rúas intermedias máis estreitas.[5]

Co nome de Rangún (Rangoon) foi declarada capital da Birmania Británica en 1885.

Ademais os británicos continuaron a fortalecer a cidade coma centro comercial e portuario da rexión (ferrocarril), o que produciu un gran crecemento de poboación, aparecendo novos barrios cara ao norte, arredor de dous reservorios de auga artificiais, o Lago Kandawgyi (Lago Real) xunto ao Shwedagon e o Inya máis lonxe do centro[6]. Tamén dotaron á capital dos servizos e institucións (hospitalarias, educativas) dunha cidade moderna.

Independencia e loita democrática

[editar | editar a fonte]

Despois dunha breve ocupación xaponesa foi nomeada capital da Birmania independente en 1948.

O crecemento continuou, pero coa chegada, a partir de 1962, de xuntas militares aislacionistas e xenófobas ao poder, a cidade foi perdendo pulo a vez que actividade cosmopolita (e mesmo caendo en certo abandono). Recuperou o seu antigo nome de Yangon en 1989 pero en 2005 as autoridades designaron Naypyidaw coma nova capital administrativa da renomeada Myanmar. A conseguinte emigración de persoal e embaixadas supón un novo golpe ao que engadiuse a destrución de gran parte da súa infraestrutura industrial tralo paso do ciclón Nargis en 2008.

As periódicas revoltas antigobernamentais e prodemocráticas teñen en Yangon o seu principal escenario, con resultados sanguentos ata o de agora.

  1. "Pintura do s.XIX coa vía de acceso ao Shwedagon". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 16 de marzo de 2010.  Arquivado 10 de xuño de 2015 en Wayback Machine.
  2. "Plano de Yangon, 1824". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2010. Consultado o 09 de agosto de 2011. 
  3. Plano de Rangún
  4. Plano de Rangún, 1893
  5. Plano de Rangún coa partición das mazás en lotes lonxitudinais con rueiros intermedios, 1924 [1]
  6. Mapa de Yangon cos desenvolvementos cara ao norte