Yos Sudarso
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Yos Sudarso (pt) | |||
Parte de | Papúa | |||
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Merauke, Indonesia e Nabire, Indonesia | |||
Localización | Mar de Arafura | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Arafura | |||
Características | ||||
Altitude | 4 m | |||
Dimensións | 100 () × 180 () km | |||
Superficie | 11.742 km² | |||
Pulau Yos Sudarso ou Pulau Dolak é unha illa na provincia de Papúa, Indonesia. Esta separada soamente por un estreito canal Estreito de Muli da illa principal de Nova Guinea. É tamén coñecida como Pulau Dolok, Pulau Dolak e Pulau Kimaam, e durante o período colonial alemán era coñecida como Illa Frederik Hendrik.
Forma parte da Rexencia de Merauke, na provincia de Indonesia de Papúa. A illa ten forma de folla, cerca de 165 km largo cunha superficie de 11.740 km².
Con preto de 11.000 habitantes, a densidade de poboación da illa é menor de 1 hab/km². A poboación nativa fala linguas de Kolopom, como a Kimaghima, o Ndom, e a Riantana/Kimaan. As comunidades da illa son Kaba, Kimaan, Kladar, Pembre, Wan, e Yomuka.[1] Kimaan (ou Kimaam) é o establecemento principal. Atópase no sueste no estreito de Buaya que separa a illa máis pequena de Komoran desde Dolak.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa foi descuberta polos europeos ao redor de xaneiro de 1606 cando Willem Jansz e a súa tripulación no barco Duyfken bordeárona no seu camiño e regresando do seu descubrimento de Australia. O Duyfken pasou moito tempo na enseada entre a illa e o continente. O mapa da expedición de Janszoon describe a illa como de terras baixas e barro e co nome de "Tiuri".[2] O primeiro descubrimento ao rondear o prominente cabo do suroeste, se adentra no Mar de Arafura, en 1623, Jan Carstensz chamouno "Valse Kaap" (en holandés "Cabo Falso"), un nome conservado ata a data (Indonesio Tanjung Vals, galego "Cabo falso").[3] Considerouse que era parte da illa principal de Nova Guinea ata 1835, cando entre o 26 de abril e o 9 de maio os capitáns holandeses Langenberg, Kool e Banse navegaron coas súas goletas "Postillon" e "Sireen" a través das estreitas canles. Nomearon o estreito como o Estreito Princesa Marianne (agora "Estreito Muli") e a illa como Prince William Frederick Henry un neto do rei, que viviu nas Indias Orientais holandesas durante unha tempada.[4] Ata polo menos 1884 Komoran era aínda parte de Dolak. Logo da entrega de Nova Guinea Occidental a Indonesia en maio de 1963, o goberno indonesio renomeou a illa co nome do comandantel naval indonesio (Yos Sudarso), que estaba a cargo da Batalla de Arafura na costa de Nova Guinea a 700 km ao noroeste, en xaneiro de 1962, e que morreu no proceso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Yos Sudarso Island at GeoFact of the Day, 21 de agosto de 2015.
- ↑ T D Mutch, The First Discovery of Australia With an account of the Voyage of the "Duyfken" and the Career of Captain Willem Jansz., Maio 2006
- ↑ E. J. Brill, De Zuidwest Nieuw-Guinea-expeditie 1904/5:, 1908, pp. 603-4
- ↑ Reizen naar Nederlandsch Nieuw-Guinea, Koninklijk instituut voor taal-, land- en volkenkunde, 1879, pp. 424-426
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yos Sudarso |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Satellitenaufnahme der Inseln Yos-Sudarso und KomoranArquivado 04 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.