Xerxes II
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V a. C. Irán |
Morte | 424 a. C. Persépole, Irán |
Faraón | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de tempo | Antigo Exipto, A Baixa Época e XXVII dinastia egípcia (pt) |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | Dinastía aqueménida |
Fillos | Rodoguna |
Pais | Artaxerxes I e Damáspia |
Irmáns | Parisatis Darío II Arsites Sogdiano |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Encyclopædia Britannica |
Xerxes II foi un rei persa, o fillo e sucesor de Artaxerxes I.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo dun reinado de corenta e cinco días, foi asasinado en -424 por orde do seu irmán Sogdiano, que foi asasinado despois por Darío II.
É un personaxe histórico pouco coñecido, esencialmente polos escritos de Ctesias. Era supostamente o único fillo lexítimo de Artaxerxes I e da súa esposa Damaspia. Sábese que exerceu como príncipe herdeiro.
A última inscrición que menciona a Artaxerxes I en vida pode ser datada o 24 de decembro de -424. Xerxes aparentemente tomou o trono pero dous dos seus irmáns ilexítimos reclamárono para si. O primeiro era Sogdiano, o fillo da concubina Alogyne de Babilonia. O segundo era Oco, o fillo da concubina Cosmartidene de Babilonia. El casou coa súa media irmá Parisátide, a filla de Artaxerxes I e da concubina Andia de Babilonia.
Supostamente Xerxes só era recoñecido en Persia e Sogdiano en Elam. A primeira inscrición de Darío II pode ser datada o 10 de xaneiro de -423, era xa sátrapa de Hircania e pronto foi recoñecido polos medos, babilonios e exipcios.
Foi supostamente embriagado e asasinado por Pharnacyas e Menostanes ás ordes de Sogdiano.
Aínda que Sogdiano gañou aparentemente o apoio das súas rexións, morreu uns meses máis tarde. Darío II chegou así a ser o único gobernante do Imperio Pérsico reinando ata -404.
Imperio Persa | ||
---|---|---|
Segue a: Artaxerxes I |
Xerxes II | Precede a: Darío II |
Dinastía Aqueménida |