Xacinto (planta)
Xacinto (xénero Hyacinthus) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
xacinto común (Hyacinthus orientalis) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Os xacintos son plantas pertencentes ao xénero Hyacinthus. Son plantas perennes e bulbosas pertencentes á subfamilia das escilóideas dentro das asparagáceas. Son orixinarios da rexión mediterránea e da África meridional. O seu nome provén de Xacinto, amante do deus Apolo segundo a mitoloxía grega.
O xacinto común, normalmente cultivado en Galiza (Hyacinthus orientalis) foi tan popular durante o século XVIII que se cultivaron máis de 2.000 tipos nos Países Baixos, o principal produtor hoxe en día.
O xacintos producen unha única e mesta espiga de recendentes flores en tons avermellados, azuis, brancos ou amarelos. Unha variedade de florista máis delicada e miúda do xacinto común é o xacinto romano (var. albulus) de pétalos azuis ou brancos.
Na actualidade, recoñécense soamente tres especies no xénero Hyacinthus, aínda que algunhas autoridades colocan H. litwonowii e H. transcaspicus no xénero emparentado Hyacinthella, deixando o Hyacinthus coma monotipo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Xacinto, variedade rosada.
-
Xacinto, variedade azul.
-
Xacinto, variedade branca.
-
Xacinto, debuxo de Gerard Van Spaendonck.
-
Xardín de xacintos.
-
Xacintos no Templo de Flora, debuxo de Robert John Thornton.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xacinto |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Xacinto |