[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Val de Núria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaVal de Núria
Imaxe
Tipoval Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaCapçaleres del Ter i del Freser Natural Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaQueralbs, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°24′N 2°09′L / 42.4, 2.15
CordilleiraPireneos Editar o valor en Wikidata

Sitio webvalldenuria.cat Editar o valor en Wikidata

O Val de Núria é un val do Pireneo situado no concello de Queralbs, na comarca do Ripollès, na provincia de Xirona (Cataluña).

Localización e características

[editar | editar a fonte]

Situado nunha altitude de 2000 metros sobre o nivel do mar, este val é accesible mediante o Cremalleira de Núria ou a pé, seguindo algún dos camiños de montaña que chegan ata Núria. Aquí redactouse no ano 1931 o Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932, coñecido como o "Estatuto de Núria".

Hai no val unha estación de esquí, chamada Vall de Núria.

A Virxe de Núria

[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición, San Xil chegou ao val no ano 700 e residiu durante catro anos. Sempre segundo a lenda, San Xil esculpiu unha imaxe da Virxe que escondeu dentro dunha cova ao fuxir do val cando os romanos iniciaron unha persecución contra os cristiáns.

O certo é que a imaxe da Virxe de Núria que hoxe venérase é unha talla datada do século XII ou XIII. Trátase dunha talla de madeira de estilo románico.

Con trazos de carácter primitivo, a talla conserva aínda a súa policromía en perfecto estado de conservación. Os pastores consideraban esta Virxe a patroa da fertilidade. A coroación canónica de Virxe de Núria tivo lugar no ano 1965. A súa festividade celébrase o 8 de setembro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]