[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Vacacións en Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vacacións en Roma
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalRoman Holiday
DirectorWilliam Wyler
ProdutorWilliam Wyler
GuiónDalton Trumbo
Ian McLellan Hunter
John Dighton[1]
IntérpretesGregory Peck
Audrey Hepburn
MúsicaGeorges Auric
Victor Young
FotografíaHenri Alekan
Franz Planer
MontaxeRobert Swink
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea27 de agosto de 1953
Duración118 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento1,5 millóns de dólares
Recadación12 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0046250 Filmaffinity: 646581 Allocine: 2762 Rottentomatoes: m/roman_holiday Allmovie: v41976 TCM: 4096 Metacritic: movie/roman-holiday TV.com: movies/roman-holiday BNE: XX4956855 Netlix: 60010838 Editar o valor en Wikidata

Vacacións en Roma (inglés: Roman Holiday) é un filme estadounidense de 1953 dirixido por William Wyler.

O filme gañou tres premios Oscar, á mellor actriz (Audrey Hepburn), mellor argumento e mellor vestiario, de sete candidaturas e lanzou a súa protagonista á fama. En 1999, foi seleccionado para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos como "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

Emitiuse na TVG o 4 de outubro de 1997.[2]

Argumento

[editar | editar a fonte]

A princesa Anna (Audrey Hepburn) atópse en Roma en visita oficial. Cansa das súas obrigas e da soidade do seu mundo cortesán, decide escapar durante a noite e vivir a vida dun ser común, sen protocolos nin barreiras sociais.

Queda durmida na rúa e recóllea un estadounidense que a leva ao seu apartamento. O estadounidense resulta ser un xornalista chamado Joe Bradley (Gregory Peck), quen se ofrece a facer de guía para ela en Roma. Nun principio, o principal interese de Bradley cando a recoñece é conseguir unha exclusiva de 5000 dólares sen que ela se dea de conta e para iso fai que o seu amigo fotógrafo (Eddie Albert) lle tire fotografías ás agachadas para despois publicalas e facerse famoso.

Ela está encantada de coñecer a cidade como unha persoa normal. Durante o día que pasan xuntos divírtense, van a unha festa nocturna, xorde algo entre eles ata que descobren que se namoraron. Cando a ausencia da princesa xa non se pode prolongar aparece o conflito entre o deber e os sentimentos.

  • Audrey Hepburn como a Princesa Ann
  • Gregory Peck como Joe Bradley
  • Eddie Albert como Irving Radovich
  • Hartley Power como o sr. Hennessy
  • Harcourt Williams como embaixador
  • Margaret Rawlings como condesa Vereberg
  • Tullio Carminati como xeneral Provno
  • Paolo Carlini como Mario Delani
  • Claudio Ermelli como Giovanni
  • Alfredo Rizzo como taxista
  • Laura Solari como secretaria
  • Heinz Hindrich como Dr. Bonnachoven
  1. Writers Guild of America (19-12-2011). "WGA Restores Blacklisted Writer Dalton Trumbo's Screen Credit On 'Roman Holiday'". Deadline Hollywood. Consultado o 19-12-2011. 
  2. La Voz de Galicia, 4 de outubro de 1997. Páx. 87

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]