[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Triticum aestivum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Triticum aestivum subsp. aestivum

O trigo común, trigo vulgar, trigo fariñeiro ou simplemente trigo (Triticum aestivum, Triticum sativum ou T. vulgare), é un cereal do xénero Triticum sendo a especie de trigo máis espallada e cultivada no mundo. É unha planta alohexaploide, por mor á súa conformación de 42 cromosomas repartidos en 6 xogos dende tres diferentes especies (Triticum spelta, Aegilops cylindrica, de 7 cromosomas cada unha). A planta posúe tres xenomas idénticos, os cales posúen información xenética repetida, o que lle confire á especie en si grande adaptabilidade aos diferentes ambientes.

Esta especie é máis cultivada nas latitudes altas de ambos hemisferios (por exemplo na Arxentina, no Canadá, en Francia ou na Ucraína). É amplamente empregada para obter fariña triga destinada á elaboración de pan (pantrigo).

É a especie máis cultivada en Galiza dende a antigüidade.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Principios activos: contén fibra, amidón, celulosa, glute, fitosterois: beta-sitosterol, vitamina E.[1]

Indicacións:

A fariña presenta intolerancia ao glute. Ao inicio e durante o tratamento con fibra, deberase controlar a glicemia para axustar, se fose necesario, as doses de insulina ou de antidiabéticos orais.[1]

Preparación, receitas: Úsase o froito (sementes): farelo, fariña, xerme.[1]

  • Triticum hybernum L.
  • Triticum orientale Percival
  • Triticum persicum Vavilov ex Zhuk.
  • Triticum pyramidale Percival
  • Triticum sativum Lam.
  • Triticum sativum var. aestivum (L.) Alph.Wood
  • Triticum sativum var. compositum (L.) Alph. Wood
  • Triticum sativum var. vulgare (Vill.) Vilm.
  • Triticum sativum var. vulgare Desv.
  • Triticum sativum var. vulgare Hack.
  • Triticum timopheevii (Zhuk.) Zhuk.
  • Triticum vulgare (L.) Salisb.
  • Triticum vulgare Vill.
  • Zeia vulgaris var. aestiva (L.) Lunell[2]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Triticum aestivum". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 13 de xaneiro de 2010. 
  2. "Triticum aestivum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 13 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Wheat Cap: http://maswheat.ucdavis.edu/