[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

The Simpsons (tempada 8)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Simpsons (temporada 8)»)

A oitava tempada da serie de animación The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 27 de outubro de 1996 até o 18 de maio de 1997, comezando con « Treehouse of Horror VII». Os produtores executivos da oitava tempada foron Bill Oakley e Josh Weinstein.[1]​ A tempada contivo dous episodios que orixinalmente foron producidos para a sétima, a cal tamén foi producida por Oakley e Weinstein. Tamén incluíu dous episodios nos cales os show runners foron Al Jean e Mike Reiss.

A oitava tempada gañou varios premios, incluíndo dous premios Emmy: «Homer's Phobia» gañou o premio Mellor Programa Animado (de duración menor a unha hora) en 1997,[2]​ e Alf Clausen e Ken Keeler gañaron na categoría «Mellor Logro Individual en Música e Letras» coa canción «We Put The Spring In Springfield» do episodio «Bart After Dark».[3] Clausen tamén recibiu un nomeamento para os Emmy por «Mellor Dirección Musical» por «Simpsoncalifragilisticexpiala(Annoyed Grunt)cious».[4] «Brother from Another Series» foi nomeado para os Emmy por «Son dunha Serie de Comedia ou un Especial».[5]​ Por «Homer's Phobia», Mike Anderson gañou o Premio Annie ao «Mellor Logro Individual: Dirección dunha Produción Televisiva», e o premio WAC por «Mellor Director dunha Serie de Horario Central» na Celebración de Animación Mundial de 1998.[6]​ A Gay & Lesbian Alliance Against Defamation premiou ao episodio co premio GLAAD Media por «Mellor Episodio de Televisión».[7]

A versión en DVD foi lanzada á venda na Rexión 1 o 15 de agosto de 2006, na Rexión 2 o 2 de outubro de 2006, e na Rexión 4 o 27 de setembro de 2006. Os DVD foron lanzados en dúas formas distintas: unha cabeza da forma da de Maggie para unir as formas das cabezas de Marge e Homer das tempadas anteriores, e tamén unha caixa rectangular estándar. Como o compilado da sétima tempada, ambas as versións están á venda por separado.

Lista de episodios

[editar | editar a fonte]
# Data da emisión orixinal Código de produción Título
154 - 8.01 27 de outubro de 1996 4F02 "Treehouse of Horror VII"
155 - 8.02 3 de novembro de 1996 3F23 "You Only Move Twice"
156 - 8.03 10 de novembro de 1996 4F03 "The Homer They Fall"
157 - 8.04 17 de novembro de 1996 4F05 "Burns, Baby Burns"
158 - 8.05 24 de novembro de 1996 4F06 "Bart After Dark"
159 - 8.06 1 de decembro de 1996 4F04 "A Milhouse Divided"
160 - 8.07 15 de decembro de 1996 4F01 "Lisa's Date with Density"
161 - 8.08 29 de decembro de 1996 4F07 "Hurricane Neddy"
162 - 8.09 5 de xaneiro de 1997 3F24 "El Viaje Misterioso de Nuestro Jomer (The Mysterious Voyage of Homer)"
163 - 8.10 12 de xaneiro de 1997 3G01 "The Springfield Files"
164 - 8.11 19 de xaneiro de 1997 4F08 "The Twisted World of Marge Simpson"
165 - 8.12 2 de febreiro de 1997 4F10 "Mountain of Madness"
166 - 8.13 7 de febreiro de 1997 3G03 "Simpsoncalifragilisticexpiala(Annoyed Grunt)cious"
167 - 8.14 9 de febreiro de 1997 4F12 "The Itchy & Scratchy & Poochie Show"
168 - 8.15 16 de febreiro de 1997 4F11 "Homer's Phobia"
169 - 8.16 23 de febreiro de 1997 4F14 "Brother from Another Series"
170 - 8.17 2 de marzo de 1997 4F13 "My Sister, My Sitter"
171 - 8.18 16 de marzo de 1997 4F15 "Homer vs. The Eighteenth Amendment"
172 - 8.19 6 de abril de 1997 4F09 "Grade School Confidential"
173 - 8.20 13 de abril de 1997 4F16 "The Canine Mutiny"
174 - 8.21 20 de abril de 1997 4F17 "The Old Man and the Lisa"
175 - 8.22 27 de abril de 1997 4F18 "In Marge We Trust"
176 - 8.23 4 de maio de 1997 4F19 "Homer's Enemy"
177 - 8.24 11 de maio de 1997 4F20 "The Simpsons Spin-Off Showcase"
178 - 8.25 18 de maio de 1997 4F21 "The Secret War of Lisa Simpson"
  1. Richmond e Coffman, 1997, pp. 210-211.
  2. "1996–1997 Emmy Awards". Infoplease (en inglés). 
  3. Keeler, Ken (2006). Comentario de DVD de The Simpsons, tempada 8, episodio "Bart After Dark" (DVD). 20th Century Fox. 
  4. "Every show, every winner, every nominee". The Envelope (en inglés). 
  5. Associated Press, "49th Annual Primetime Emmy Nominations," The Globe and Mail, 25 de xullo de 1997, p. C.9.
  6. Kenyon, Heather. "The World Animation Celebration: Pasadena's Festival". Animation World Magazine (en inglés). 
  7. Alberti, John, ed. (2003). Leaving Springfield: 'The Simpsons' and the Possibility of Oppositional Culture (en inglés). Wayne State University Press. p. 241. ISBN 0-8143-2849-0.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Richmond, Ray; Coffman, Antonia, eds. (1997). The Simpsons: A Complete Guide to Our Favorite Family (en inglés). Harper Collins Publishers. ISBN 0-00-638898-1.