[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Tour de Francia 2004

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2004
Mapa de localización
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.429 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaLiexa Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes188, inicio
147, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia e Bélxica Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo3 de xullo de 2004 – 25 de xullo de 2004 Editar o valor en Wikidata
Número de edición91 Editar o valor en Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral non outorgadodeclarado deserto
Segundo da clasificación xeral Andreas Klöden
Terceiro da clasificación xeral Ivan Basso
Gañador da clasificación da montaña Richard Virenque
Gañador da clasificación por puntos Robbie McEwen
Vencedor da classificação dos jovens Vladimir Karpets
Winner of the combativity classification Richard Virenque
Vencedora da classificação por equipas T-Mobile
Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.com… Editar o valor en Wikidata

2003 Editar o valor en Wikidata
2005 Editar o valor en Wikidata

O Tour de Francia 2004 foi a 91ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 3 de xullo na cidade belga de Liexa e rematou o 25 de xullo en París.

Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 147. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba.

A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo US Postal, quen xa gañara as 5 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso e ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden.

Thomas Voeckler vestiu o maillot amarelo durante 10 etapas, ata a chegada dos Alpes, nos que Lance Armstrong colleu o liderado da carreira definitivamente. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Andreas Kloden e Ivan Basso.

No ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe.[1] A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo, entre eles o 9º clasificado, Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2004 do Tour de Francia quedou sen gañador.

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo 3 de xullo Liexa-Liexa 6,1 (CRI) Suíza Fabian Cancellara Suíza Fabian Cancellara
1.ª 4 de xullo Liexa-Charleroi 202 Estonia Jaan Kirsipuu Suíza Fabian Cancellara
2.ª 5 de xullo Charleroi-Namur 197 Australia Robbie McEwen Thor Hushovd
3.ª 6 de xullo Waterloo-Wasquehal 210 Francia Jean-Patrick Nazon Australia Robbie McEwen
4.ª 7 de xullo Cambrai-Arras 64 (CRE) US Postal Lance Armstrong
5.ª 8 de xullo Amiens-Chartres 200 Australia Stuart O'Grady Francia Thomas Voeckler
6.ª 9 de xullo Bonneval-Angers 196 Bélxica Tom Boonen Francia Thomas Voeckler
7.ª 10 de xullo Châteaubriant-Saint-Brieuc 204 Italia Filippo Pozzato Francia Thomas Voeckler
8.ª 11 de xullo Lamballe-Quimper 168 Thor Hushovd Francia Thomas Voeckler
9.ª 13 de xullo St-Léonard-Guéret 160 Australia Robbie McEwen Francia Thomas Voeckler
10.ª 14 de xullo Limoges-Saint-Flour 237 Francia Richard Virenque Francia Thomas Voeckler
11.ª 15 de xullo Saint-Flour-Figeac 164 Francia David Moncoutié Francia Thomas Voeckler
12.ª 16 de xullo Castelsarrasin-La Mongie Etapa de montaña 197 Italia Ivan Basso Francia Thomas Voeckler
13.ª 17 de xullo Lannemezan-Plateau de Beille Etapa de montaña 205 Lance Armstrong Sen gañador Francia Thomas Voeckler
14.ª 18 de xullo Carcasona-Nîmes 192 España Aitor González Francia Thomas Voeckler
15.ª 20 de xullo Valréas-Villard-de-Lans Etapa de montaña 180 Lance Armstrong Sen gañador Lance Armstrong
16.ª 21 de xullo Le Bourg-d'Oisans-Alpe d'Huez Etapa de montaña 15 (CRI) Lance Armstrong Sen gañador Lance Armstrong
17.ª 22 de xullo Le Bourg-d'Oisans-Le Grand Bornand  Etapa de montaña 204 Lance Armstrong Sen gañador Lance Armstrong
18.ª 23 de xullo Annemasse-Lons-le-Saunier 166 España Juan Miguel Mercado Lance Armstrong
19.ª 24 de xullo Besançon-Besançon 55 (CRI) Lance Armstrong Sen gañador Lance Armstrong
20.ª 25 de xullo Montereau-París 163 Bélxica Tom Boonen Lance Armstrong
  • CRI - Contra o reloxo individual; CRE - Contra o reloxo por equipos.

Clasificación xeral

[editar | editar a fonte]

Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2004 trala disputa da proba e tralas eliminacións de Lance Armstrong e Levi Leipheimer en 2012.

Lance Armstrong e Ivan Basso subindo ao Tourmalet na 12ª etapa.
Posición Ciclista Equipo Tempo
Vacante - -
Desc. Lance Armstrong US Postal 83h 36' 02"
2 Alemaña Andreas Kloden T-Mobile + 6' 19"
3 Italia Ivan Basso Team CSC + 6' 40"
4 Alemaña Jan Ullrich T-Mobile + 8' 50"
5 Portugal José Azevedo US Postal + 14' 30"
6 España Francisco Mancebo Illes Balears + 18' 01"
7 Austria Georg Totschnig Gerolsteiner + 18' 27"
8 España Carlos Sastre Team CSC + 19' 51"
Desc. Levi Leipheimer Rabobank + 20' 12"
10 Galicia Óscar Pereiro Phonak + 22' 54"
54 Galicia Marcos Serrano Liberty Seguros + 1h 42' 53"
  • Desc. - Descalificados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]