[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Reino de Hungría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Hungría
Magyar Királyság (hu) Editar o valor en Wikidata

HimnoHimnusz Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°N 19°L / 47, 19
Estado históricoImperio Austrohúngaro Editar o valor en Wikidata
CapitalBudapest (1873–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua húngara Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1000 Editar o valor en Wikidata
Disolución1 de febreiro de 1946 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porRepública Popular de Hungría (1918-1919) e República da Hungria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Evento clave
4 de xuño de 1920Tratado de Trianon Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoDieta da Hungria (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
MoedaCoroa austrohúngara Editar o valor en Wikidata

O reino de Hungría fundouse coa coroación de Estevo I de Hungría, no ano 1000. O seu nome orixinario era Vajk e descendía das tribos maxiares. O seu pai Géza fundou unha dinastía monárquica seguindo o exemplo das de Europa occidental. O reino estableceuse na rexión de Pannonia, antiga provincia romana invadida polos maxiares.

Estevo rematou en 1006 a pacificación do territorio e forzou a cristianización e feudalización do novo estado. Incorporou pequenos reinos, como Croacia e os territorios de Eslovaquia oriental.

No 1242 este pequeno pero puxante reino sufriu a invasión dos mongois. Baixo Béla IV de Hungría, a despoboación e pauperización do territorio era un feito. Por isto, e trala retirada dos invasores asiáticos, mandou construír unha liña de defensa consistente en fortalezas e prazas fortes, o que provocou o endebedamento do rei e a preponderancia das maiores casas nobres.

Unión co sacro imperio

[editar | editar a fonte]

A partir do século XIV, os reis foron febles para aplacar ós nobres e o reino tivo non poucos problemas para facer fronte ó Imperio Otomán. O segundo rei húngaro da cas anxevina (de Anjou) foi Lois I de Hungría (1342-1382) cuxo territorio abranguía dende o mar Negro ata o mar Adriático. A filla de Lois casa con Sexismundo, entroncando a casa real húngara coa do Sacro Imperio Romano Xermánico na dinastía luxemburguesa.

O derradeiro gran rei húngaro da Idade media foi Matías Corvinus, quen descendera dunha familia nobre. Estendeu as fronteiras ó sur contra os otománs e ó noroeste contra o imperio xermánico. Durante o renacemento o reino sofre certas revoltas por parte de nobres descontentos e de campesiños, ata que en 1521 Nándorfehérvár (Belgrado) cae en mans turcas, e o exército húngaro é vencido na batalla de Mohács.

Dominación turca

[editar | editar a fonte]

En 1556 remata a expansión turca en Hungría e o que queda do reino, en mans da dinastía Habsburgo, divídese. Transilvania pasa a ser un estado vasalo do Imperio Otomán. Burgenland, Eslovaquia e Transdanubia pasan a ser posesións dos Habsburgo baixo o nome de Hungría Real. O título de rei de Hungría sería un mero formalismo nos emperadores alemáns, xa que a principal parte do reino caera en mans turcas. A poboación buscou a protección do Sultán de Istambul, quen non se meteu nos asuntos internos da poboación que ficou calvinista na maioría dos casos.

Dominación austríaca

[editar | editar a fonte]

En 1686 os austríacos conquistan Buda e en 1718 o reino de Hungría recupera a súa independencia polo tratado de Karlowitz, a capital en entón é Bratislava (hoxe capital de Eslovaquia). O século XVIII caracterizouse pola repoboación das terras devastadas e a inmigración de serbios, alemáns e austríacos.

Revolución

[editar | editar a fonte]

En 1848 estala unha revolución de corte nacionalista contra o dominio austríaco, pero carece de éxito por mor das propias correntes nacionalistas revolucionarias dos pobos do reino (alemáns, serbios, croatas; por aquel tempo as cidades de Buda e Pest eran de fala alemá). En abril de 1849, Hungría declara a independencia e o emperador Francisco Xosé pide axuda ó tsar Nicolao I de Rusia e os exércitos rusos invaden o país. Ata 1867 o país queda baixo control austríaco en "resistencia pasiva". Para calma-lo nacionalismo húngaro e por mor de problemas similares noutras partes do imperio, o emperador chega a un acordo coa nobreza liderada por Ferenc Deák, chegando ó Compromiso de 1867 que é o Ausgleich.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]