[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Subdivisións de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rexións de Portugal»)

A base principal da estrutura administrativa de Portugal son os 308 concellos (tamén chamados municipios) administrados polas cámaras municipais), que se subdividen en 4257 freguesías (administradas por xuntas de freguesía).

Esta estrutura cobre completamente o territorio portugués, incluíndo zonas territoriais onde a respectiva cámara e xunta non teñen ningunha xurisdición práctica, como poden ser as zonas de administración militar ou os Parques e Reservas Naturais, entre outros.

Existen tamén outras divisións de inmediatamente superiores ao concello, pero están asociadas a determinadas actividades (comarcas xudiciais, rexións de turismo...), de carácter máis técnico, histórico ou cultural. Existiron tamén tentativas de definir rexións naturais, sen ningún tipo de valor administrativo.

Os concellos son a división territorial con poder político máis estábel da historia do Portugal continental, sendo máis complexo o caso das subdivisións de nivel superior, sometidas a diversas modificacións históricas e que tiveron case sempre un carácter administrativo, como corresponde a un Estado politicamente centralizado.

Antigas divisións

[editar | editar a fonte]

Provincias anteriores ao século XIX

[editar | editar a fonte]
División histórica de Portugal en 6 provincias.

Desde o século XV, até o século XIX, o Portugal continental estivo dividido, case sempre, en seis grandes divisións tradicionais. Esas divisións era, normalmente, denominadas comarcas até o século XVI, no que pasan a ser designadas provincias. O Algarve, tivo nesta época o título honorífico de "Reino", aínda que, para todos os fins, fose administrado como unha provincia igual ás restantes. Até o século XVII estas divisións correspondían a unha Corrixidoría, é dicir, baixo o poder dun Corrixidor, maxistrado administrativo e xudicial, que representaba ao Rei. A partir do século XVII as Corrixidorías multiplícanse e pasarán a ser subdivisións das Provincias, pasando estas a ser meras divisións estatísticas e militares, baixo o mando dun comandante territorial, co título de Gobernador das Armas. Con límites, que foron sufrindo algunhas alteracións ao longo dos tempos, existiron, case sempre as seguintes divisións:

A mediados do século XVIII, o territorio próximo ao Porto foi segregado de Entre Douro e Miño e da Beira, dando orixe ao Partido do Porto, división militar, baixo o mando dun Gobernador das Armas propio. Os territorios do Partido do Porto continuaron sendo parte das respectivas provincias, para todos os efectos, con excepción dos asuntos militares.[1].

Provincias de 1832

[editar | editar a fonte]

Despois da revolución liberal de 1822, presentáronse varias propostas para a reorganización administrativa do país. Foi proposta a división en distritos e, máis tarde a división en provincias. Porén a contrarrevolución absolutista freou todas estas tentativas.
Só en 1832 o goberno liberal no exilio nos Azores, decretou unha nova reorganización administrativa do país. O país sería dividido en provincias, subdivididas en comarcas e, estas, en concellos. Esta división aplicaríase a todo o territorio nacional, é dicir, non só ao continente, senón tamén as illas adxacentes e, mesmo os territorios ultramarinos. A reforma non sería aplicada até a vitoria liberal na guerra civil de 1834.
En 1835 esta división sería substituída pola división en distritos. Malia so, as provincias de 1832, mantivéronse sen órganos propios, como agrupamentos de distritos para fins estatísticos e de referencia rexional. Esta situación mantívose até o século XX.
As provincias de 1832, no continente e as illas, eran:

En 1833 a provincia dos Azores foi dividida en dúas: a provincia Occidental e a provincia Oriental. En 1836, durante a creación do distrito da Horta, a Provincia Occidental dos Azores, foi subdividida na nova provincia Occidental e na Provincia Central.

Tamén en ultramar, foron creadas as Provincias de Cabo Verde e Guinea, de Angola, da India, de Mozambique, de San Tomé e Príncipe e de Macau e Timor, que, pola organización de 1832, en teoría, tiñan unha administración igual ás da Metrópole.[1].

Provincias de 1936

[editar | editar a fonte]
División de Portugal en provincias, estabelecida no século XX. Fronteira non marcada no termo de Olivenza.

O Estado Novo adoptou, desde o seu inicio, unha política de rexionalización do país. Esa rexionalización foi prevista na Constitución de 1933, a través da división do Portugal continental en autarquías rexionais, denominadas provincias. As provincias foron creadas en 1936. A división provincial baseouse nos estudos do xeógrafo Amorim Girão, publicados entre 1927 e 1930, que dividían o continente de Portugal en 13 "rexións naturais". Acabaron por ser creadas 11 provincias, correspondendo, cada unha, ás rexións naturais de Amorim Girão, con dúas excepcións: as rexións naturais de Tras os Montes e do Alto Douro e as rexións naturais da Beira Alta e da Beira Transmontana foron reunidas, respectivamente, na provincia de Tras os Montes e Alto Douro e na provincia da Beira Alta. Paralelamente á división en provincias, mantívose a división en distritos, sen que os límites de ambas estruturas coincidisen.[1].
En 1959 as funcións das autarquías rexionais pasaron aos distritos, sendo extintas as Xuntas de Provincia e creadas as Xuntas Distritais. As provincias, pola súa banda, mantivéronse como divisións históricas e xeográficas, só sendo formalmente extintas coa Constitución de 1976. A pesar diso, mantivéronse, até hai pouco, nos manuais escolares, sendo aínda a división rexional de referencia da maioría dos portugueses. As provincias eran as seguintes:

Actuais divisións

[editar | editar a fonte]

Rexións Autónomas

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Rexión Autónoma de Portugal.

A división máis importante é, desde 1976, a que distingue o territorio continental das dúas rexións autónomas insulares, os Azores e Madeira. Esta primeira división do territorio nacional corresponde á subdivisión NUTS I.

As Rexións Autónomas subdivídense inmediatamente nos seus concellos (19 nos Azores e 11 en Madeira), pero o Portugal continental ten unha serie de subdivisións diferentes.

Distritos

[editar | editar a fonte]
Distritos de Portugal.

Os distritos, aínda que en vías de desaparición polo proceso de descentralización do país, permanecen como a subdivisión máis relevante de Portugal, servindo de base para unha serie de utilizacións da división administrativa, que van desde os círculos electorais, aos campionatos rexionais de fútbol.

(Ver tamén distritos portugueses ordenados por área e distritos portugueses ordenados por poboación)

Antes de 1976, os dous arquipélagos atlánticos estaban tamén integrados na estrutura xeral dos distritos portugueses aínda que cunha estrutura administrativa diferenciada, contida no Estatuto dos Distritos Autónomos das Illas Adxacentes (Decreto-Lei n.º 36453, de 4 de agosto de 1947), que se traducía na existencia de Xuntas Xerais con competencias propias. Había tres distritos autónomos nos Azores e un en Madeira:

Nomenclatura de Unidades Territoriais para Fins Estatísticos (NUTS)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: NUTS.

A división de Portugal en NUTS, estabelecida en 1986, aproveitou as tres grandes divisións xeográficas do (Portugal continental, Azores e Madeira) e as xa existentes cinco áreas de actuación de comisións de coordinación rexional (CCR). Xa a división distrital existente foi ignorada pola división en NUTS, que non ten en conta os distritos. Subdividindo as áreas de actuación das CCR, foron creadas as unidades de Nivel III, collendo cada unha delas o territorio de varios concellos. A división en NUTS converteuse na principal división territorial de Portugal, sendo as súas unidades utilizadas para definir as áreas de actuación dos diversos servizos desconcentrados do Estado, en detrimento dos distritos. En Portugal hai 3 NUTS I, subdivididas en 7 NUTS II, que, pola súa parte, se subdividen en 28 NUTS III.
(ver tamén Decreto-lei nº 244/2002, (en formato PDF))

Unidades de Nivel I (NUTS I)

[editar | editar a fonte]
  1. Portugal Continental .
  2. Rexión Autónoma dos Azores.
  3. Rexión Autónoma de Madeira.

Unidades de Nivel II (NUTS II)

[editar | editar a fonte]
NUTS II de Portugal.

As Unidades Territoriais para Fins Estatísticos de Nível II (NUTS II) corresponden, no Portugal continental, ás áreas de actuación das comisións de coordinación e desenvolvemento rexional (CCDR - antigas CCR)]]. Estas unidades son tamén coñecidas habitualmente por rexións teñen a súa orixe nas rexións de planeamento creadas, en 1969, co obxectivo de facer unha distribución rexional equitativa do desenvolvemento obtido do III Plano de Fomento. Inicialmente utilizadas soamente para fins estatísticos e de planeamento rexional, estas divisións teñen sido utilizadas, cada vez máis, para definir as áreas de actuación dos servizos rexionais dos varios ministerios, en substitución dos distritos. Nas illas, as NUTS II coinciden coas NUTS I dos Azores e de Madeira.

(Ver tamén rexións portuguesas ordenadas por área e rexións portuguesas ordenadas por poboación)

Unidades de Nível III (NUTS III)

[editar | editar a fonte]
NUTS III de Portugal.

As rexións subdivídense en subrexións estatísticas sen significado administrativo, cuxo único obxectivo é o de serviren para agrupar concellos contiguos, con problemas e desafíos semellantes, e obter así datos de conxunto destinados principalmente ao planeamento económico.

Lista das 28 NUTS III, divididas por rexións:

(Ver tamén subrexións portuguesas ordenadas por área, subrexións portuguesas ordenadas por poboación e

Áreas urbanas

[editar | editar a fonte]

A próxima versión da división administrativa portuguesa, que está actualmente en proceso de implantación (a diferentes velocidades consoante as varias estruturas), xira en volta das "áreas urbanas", definidas como unidades territoriais continuas constituídas por agrupamentos de concellos. Existen tres tipos de áreas urbanas:

  • Grandes Áreas Metropolitanas - GAM
  • Comunidades Urbanas - ComUrb
  • Comunidades Intermunicipais - ComInter

Grandes Áreas Metropolitanas (GAM)

[editar | editar a fonte]

Ver artigo principal: Grande Área Metropolitana Ten que haber un mínimo de nove concellos e un número superior a 350,000 habitantes. Existen, actualmente:

  • GAM de Lisboa.
  • GAM do Porto.
  • GAM do Minho - reorganizada en Comunidades Intermunicipais, de acordo coa lei 45/2008.
  • GAM de Aveiro - reorganizada en Comunidades Intermunicipais, de acordo coa lei 45/2008.
  • GAM de Coimbra - reorganizada en Comunidades Intermunicipais, de acordo coa lei 45/2008.
  • GAM do Algarve - reorganizada en Comunidades Intermunicipais, de acordo coa lei 45/2008.
  • GAM de Viseu - reorganizada en Comunidades Intermunicipais, de acordo coa lei 45/2008.

Comunidades Urbanas (ComUrb)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Comunidade Urbana.

Agrupamentos con menos de 350000 habitantes pero máis de 150000. Existen, actualmente:

Comunidades Intermunicipais (ComInter)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Comunidade Intermunicipal.

Teñen menos de 150000 habitantes. Existen, actualmente:

  1. 1,0 1,1 1,2 José J. X. Sobral, As Divisões Administrativas de Portugal, ao Longo dos Tempos, AUDACES.