[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Ravo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ravo

Raphanus sativus
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: Raphanus
Especie: R. sativus
Nome binomial
'Raphanus sativus'
L., Sp.Pl., 2, p.669, 1753 [1]
Subespecies
  • Raphanus sativus var. longipinnatus
  • R. sativus var. mougri
  • R. sativus var. sativus
Ravo cru
Valor nutricional por 100 g
Enerxía66 kJ (16 kcal)
3.4 g
Azucres1.86 g
Fibra alimentaria1.6 g
0.1 g
0.68 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
1%
0.012 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.039 mg
Niacina (B3)
2%
0.254 mg
Ácido pantoteico (B5)
3%
0.165 mg
Vitamina B6
5%
0.071 mg
Ácido fólico (B9)
6%
25 μg
Vitamina C
18%
14.8 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
3%
25 mg
Ferro
3%
0.34 mg
Magnesio
3%
10 mg
Manganeso
3%
0.069 mg
Fósforo
3%
20 mg
Potasio
5%
233 mg
Cinc
3%
0.28 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga95.3 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.

O ravo, de nome científico Raphanus sativus, é unha hortaliza bianual da familia das Brasicáceas, cultivado polos seus característicos hipocotilos, (a parte do talo situado baixo os cotiledóns) de consistencia carnosa. O ravo consómese normalmente cru, sobre todo en ensaladas. O termo designa tamén por extensión á planta que o produce. Os seus froitos preséntanse nunha especie de cápsulas chamadas sílicuas.

Variantes

[editar | editar a fonte]
Ravos de bulbo alongado.
Ravos de bulbo redondo.

A parte comestible, un bulbo de polpa branca, é a parte subterránea e inchada do talo, a que queda xusto enriba da raíz. Pódense atopar ravos de pela de cores varias que van dende o vermello ata o branco, pasando polos rosas, brancos cinsentos, ou mesmo brancos rotos dalgunhas variedades. De calquera forma, o vermello é a variante máis coñecida e corrente. Do mesmo xeito, e dentro da mesma especie, a forma do bulbo tamén pode variar, polo que podemos atopar ravos redondos, ou ben de forma alongada.

  • Existe unha gran variedade de ravos de pela amarela, que teñen un sutil sabor a limón.
  • O ravo negro (Raphanus sativus var. niger) (ás veces chamado incorrectamente ravo picante, aínda que non pertenza ó seu mesmo xénero) é unha variante de tamaño moito maior e de sabor máis picante.
  • Porén, o ravo branco xigante xaponés, tamén chamado daikon ten un sabor doce.

Esta hortaliza é rica en vitamina C e posúe propiedades aperitivas e estimulantes, se ben resulta pouco dixestivo se non se deixou alcanzar a madureza.

O bulbo consómese xeralmente cru en ensalada, pero outras especies máis duras poden ser cocidas ó vapor. A carne crúa ten unha textura crocante e un sabor picante en maior ou menor medida segundo a variante do ravo. O "picante" do gusto pódese eliminar retirando a pel externa. O ravo é máis picante canto maior teña sufrido unha falta de auga durante o seu crecemento.