Río Magdalena
(es) Río Magdalena | ||||
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | América do Sur | |||
País da cunca | Colombia | |||
División administrativa | Colombia | |||
Localización | Colombian Massif (en) | |||
Final | ||||
Localización | Mar Caribe | |||
| ||||
Afluentes | Río Cauca, Río Bogotá, Río Cesar, Cabrera River (en) , Coello River (en) , Gualí River (en) , Ceibas River (en) , Q3458668 , Nare River (en) , Negro River (en) , Opon River (en) , Páez River (en) , Saldaña River (en) , Rio San Jorge (pt) , Sogamoso River (en) , La Miel River (en) , Samaná Norte River (en) , Q16674533 , Q23690048 | |||
Características | ||||
Dimensións | 1.528 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 260.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 7.200 m³/s | |||
O río Magdalena é un curso de auga de 1538 km de lonxitude ao longo do oeste de Colombia, en América do Sur, desde o seu nacemento nos Andes até a súa foz no mar das Antillas, no océano Atlántico. A súa conca abrangue 263.858 km².
Nomes
[editar | editar a fonte]Étimo
[editar | editar a fonte]O nome oficial do río débese ao seu descubridor europeo, Rodrigo de Bastidas, que con seus homes e barcos arribou a desembocadura das súas augas o 1 de abril de 1501, día no que se conmemora a María Magdalena. Bastidas, como outros exploradores hispanos, impúxolle ao lugar descuberto a denominación do santo do día. O nome completo foi "Río Grande de la Magdalena".
Nomes indíxenas
[editar | editar a fonte]Os indios designan o río, segundo a súa lingua, con nomes diversos. Os caribes ribeiregos chámano Caripuana, que significa "Grande auga". Indios do curso alto do río, denomínano Guacacallo, interpretado como "Río das tumbas"; mentres outros habitantes o coñecen por Yauma ou "Amigo dos ríos".
Sobrenomes
[editar | editar a fonte]Entre os sobrenomes que se lle aplican: "Mai de todos os ríos" ou "Corrente do esquecemento"
Percorrido
[editar | editar a fonte]Nacemento
[editar | editar a fonte]O río Magdalena nace na Cordilleira Central dos Andes, na Lagúa do Buey (ou Lagúa de Magdalena), no lugar montañoso denominado Las Papas, pero do paralelo 2º norte, dentro do departamento colombiano do Huila e preto da cidade de San Agustín.
Curso
[editar | editar a fonte]Despois do seu nacemento o río corre cara oriente, atravesando a zona arqueolóxica de San Agustín. A continuación as augas corren para o norte a través da chaira formada entre a Cordilleira Central e a Cordilleira Oriental, e baña cidades como Neiva e Barrancabermeja. Preto de El Banco encóntrase co seu máis importante afluente, o Cauca. Desde aí flúe para nordeste en dirección para Barranquilla, nas beiras do mar Caribe.
Desembocadura
[editar | editar a fonte]Desde o paralelo 11º N, e ao oeste da Serra Nevada de Santa Marta, preto de Barranquilla, o Magdalena divídese en varios brazos, formando un amplo delta, con varias illas, con rica vexetación de selva ecuatorial. Obras efectuadas na década de 1930, canalizaron o río que actualmente desauga directamente en Barranquilla. A forza do río fai que a auga doce penetre varios quilómetros no mar Caribe.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Os afluentes do Magdalena son numerosísimos, aínda que a maioría de curto percorrido. Cómpre destacar:
- Pola esquerda:
- Pola dereita:
Navegabilidade
[editar | editar a fonte]O río Magdalena é navegábel en case 1.000 km, desde a súa desembocadura até a localidade de Honda, polo que constitúe a principal vía fluvial e comercial cara ao interior de Colombia. Desde Honda as correntes son fortes, pero o río aínda é navegábel. Entre Neiva (437 m.s.n.m.) e Honda (200 m.s.n.m.), aínda é practicábel a pesar dos rápidos e fervenzas, mercé as obras efectuados en 1875.
Poboacións no curso
[editar | editar a fonte]Na conca do Magdalena vive aproximadamente un 80 % da poboación de Colombia. A maior das cidades sita nas orelas do mesmo río Magdalena é Barranquilla, situada na foz, que é ademais o máis importante dos portos colombianos no mar Caribe. A súa poboación de sobre 1.300.000 habitantes, convértena na cuarta cidade de Colombia. Hai outras cincuenta cidades nas beiras do Magdalena, das que salientan Neiva con 348.920 habs., Soledad con 320.115 habs., Barrancabermeja con 202.167 habs., Girardot con 124.520 habs e La Dorada cuns 45.000 .
Economía
[editar | editar a fonte]Os vales dos ríos Magdalena e Cauca son ricos en xacementos de petróleo e gas, para cuxa explotación se construíron conducións (oleodutos e gasodutos). En varias das localidades das proximidades instaláronse refinerías, como en Barrancabermeja e en Neiva. Barranquilla é a cidade máis industrial de toda a bacía do río.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Magdalena |