[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Río Oka, mar Cantábrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Oka, mar Cantábrico
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°22′N 2°40′O / 43.36, -2.67
Características
Dimensións17 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica132 km² Editar o valor en Wikidata

O río Oka (nome en éuscaro, ás veces escrito en castelán como Oca), é un curso fluvial da vertente cantábrica da Península Ibérica que discorre por terras de Biscaia, no País Vasco.

Ten unha lonxitude de 17 km[1]. Orixínase en Zugastieta, na confluencia de diversos regatos que proveñen das montañas Goroño (601 m), Oiz (1.035 m), Bizkargi (563 m) e Arburu (552 m). Corre en dirección sur/norte até que finalmente desemboca no estuario de Urdaibai.

A conca do río Oka é a parte principal da Reserva da Biosfera de Urdaibai, espazo protexido cualificado pola UNESCO en 1984.[2]

A súa riqueza natural, en especial a ornitolóxica, foi o fundamento principal pata obter esta cualificación e para a súa declaración como Zona de Especial Protección para es Aves (ZEPA) en 1994 e á súa incorporación á Rede Natura 2000.[3]

En 1992 incluíuse na relación de Zonas húmidas de importancia internacional da Convención de Ramsar, por decisión do Goberno Vasco.[4]

O Oka atravesa terreos dos municipios de Mundaca, Pedernales, Busturia, Murueta, Fórua, Gernika-Lumo, Ajangiz, Mendata, Arrazua, Cortézubi, Gautegiz Arteaga, Múgica e Ibarrangelu.

  1. "Medio Ambiente: Hidrología: Cuencas: Oka" (PDF). Bilbao: Bizkaiko Foru Aldundia - Diputación Foral de Bizkaia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2014. Consultado o 28 de marzo de 2014. 
  2. "Bizkaia maitea. Urdaibai". Bilbao: Bizkaiko Foru Aldundia - Diputación Foral de Bizkaia. 27 de xaneiro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2009. Consultado o 28 de marzo de 2014. 
  3. "Aves de la reserva de Urdaibai". Gautegiz-Arteaga: Urdaibai Hegazkiak. 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2008. Consultado o 28 de marzo de 2014. 
  4. "FAUNA. Una variopinta comunidad zoológica". Vitoria: Gobierno Vasco. Departamento de medio ambiente y ordenación del territorio. 15 de decembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2014. Consultado o 28 de marzo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]