[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Procelariformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Procellariiformes»)

Os procelariformes (Procellariiformes) son unha orde de aves que se chamou anteriormente Tubinares e aínda en inglés se lles chama tubenoses.

Son aves peláxicas (que se alimentan ao aire libre no océano); todos eles teñen os orificios nasais unidos nun ou dous tubos rectos e as mandíbulas profundamente acanaladas coas puntas encurvadas. As ás son longas e estreitas; os pés son palmados, e o dedo posterior do pé está atrofiado ou é inexistente. A plumaxe é predominantemente negra ou cinza.

Os tubos nasais serven para ulir e para excretar o exceso de sal (estas aves beben auga de mar). Posúen glándulas desalgadoras especiais para levar a cabo este proceso.

As especies de ás máis longas voan usando unha técnica de zigzag para minimizar o batido activo da ala. Aliméntanse de peixes e outras presas mariñas.

A maioría é incapaz de andar en terra, e moitas especies só visitan as súas illas de cría, sempre remotas, pola noite. As excepcións son os grandes albatros e algúns petreis e pardelas. Algunhas especies son capaces de proxectar a curta distancia un aceite repulsivo que producen no estómago, e poden así espantar incluso grandes rapaces. Este aceite é un residuo dixestivo xerado no proventrículo (excepto nos petreis mergulladores).

Hai un total de 93 especies de Procellariiformes no mundo, repartidas en catro familias:

Os Procelariformes están estreitamente emparentados cos Sphenisciformes ou pingüíns.

Na taxonomía de Charles Sibley-Ahlquist, os Procellariiformes están incluídos dentro da orde Ciconiiformes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]