[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Paaliaq (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paaliaq
Descubrimento[1]
Descuberta por B. J. Gladman e o seu equipo.
Descuberta no 2000
Designación alternativa Saturno XX
Características orbitais[2]
Época 2000 Feb. 26.00
Eixo semi-maior 15,200 Gm
Excentricidade 0,3631
Período orbital 686,9 d
(1,88 a)
Inclinación 45,083° *
Características físicas
Diámetro medio 22 km[3] **
Período de rotación ?
Albedo 0,04 [3] asumido
Cor vermello
B-V=0,86 R-V=0,40[4]
Tipo espectral D [4]
*respecto da eclíptica **baseado no albedo

Paaliaq é unha pequena lúa irregular de movemento directo do planeta Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman, John J. Kavelaars, Jean-Marc Petit, Hans Scholl, Matthew J. Holman, Brian G. Marsden, Philip D. Nicholson e Joseph A. Burns nos primeiros días de outubro do 2000[5][6], e déuselle a designación temporal de S/2000 S 2. En agosto do 2003 recibiría o seu nome oficial, Paaliaq, un chaman (de ficción) que aparece no libro The Curse of the Shaman, escrito por Michael Kusugak, quen forneceu a Kavelaars con nomes de xigantes da mitoloxía inuit que serían usados para bautizar outras lúas de Saturno.

Órbita e características físicas

[editar | editar a fonte]
Os grupos de lúas irregulares de movemento directo de Saturno: Gallic (vermello) e Inuit (azul).

Esta lúa é membro do Grupo Inuit de satélites irregulares de Saturno. Paaliaq ten ó redor de 22 kms de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media de 15,2 millóns de kms en 687 días. Tamén posúe unha gran proximidade con outras nove lúas, chegando a estar tan só a 10 millas (uns 16 kms) da máis próxima. No diagrama da esquerda pódese ver graficamente a órbita desta lúa en relación coas outras lúas de movemento directo de Saturno, a excentricidade da órbita está representado polos segmentos amarelos que van dende o pericentro ó apocentro.

Paaliaq amosa un vermello claro coma Siarnaq e Kiviuq, e un espectro infravermello é moi semellante ó destas lúas , o cal soporta a tese dunha posible orixe común do Grupo Inuit a partir do esnaquizamento dun corpo máis grande[4][7].

  1. Discovery Circumstances from JPL
  2. Mean orbital parameters from JPL
  3. 3,0 3,1 "Scott Sheppard pages". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2003. Consultado o 07 de xullo de 2003. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Grav, T.; e Bauer, J.; A deeper look at the colors of Saturnian irregular satellites
  5. IAUC 7512: S/2000 S 1 and S/2000 S 2 25 de outubro do 2000 (descubrimento)
  6. MPEC 2000-Y15: S/2000 S 1, S/2000 S 2, S/2000 S 7, S/2000 S 8, S/2000 S 9 19 de decembro do 2000 (descubrimento e efémerides)
  7. Gladman, B. J.; Nicholson, P. D.; Burns, J. A.; Kavelaars, J. J.; Marsden, B. G.; Holman, M. J.; Grav, T.; Hergenrother, C. W.; Petit, J.-M.; Jacobson, R. A.; e Gray, W. J.; Discovery of 12 satellites of Saturn exhibiting orbital clustering, Nature, 412 (12 de xullo do 2001), pp. 163–166

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]