Pola Negri
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pl) Apolonia Chalupec 3 de xaneiro de 1897 Lipno, Polonia (pt) |
Morte | 1 de agosto de 1987 (90 anos) San Antonio, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de cerebro pneumonía |
Lugar de sepultura | Calvary Cemetery (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actriz, actriz de teatro, escritora, cantante, actriz de cinema |
Período de actividade | 1914 - 1944 |
Partido político | Partido Republicano |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Serge Mdivani |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | polanegri.com |
|
Barbara Apolonia Chałupec,[1] nada en Lipno (Polonia) o 3 de xaneiro de 1897 e finada en San Antonio o 1 de agosto de 1987, foi unha actriz polaca de ascendencia eslovaca, coñecida artisticamente baixo o pseudónimo de Pola Negri, unha das grandes divas do cine mudo. Nacionalizouse estadounidense en 1951.
Negri asinou coa Paramount en 1922, convértendoa no primeiro intérprete europeo da historia que foi contratada en Hollywood.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]O seu pai Jerzy Mathias Chalupiec, de orixe eslovaca, foi detido polo exército ruso por actitudes antitsaristas e enviado a Siberia, o que fixo que a familia Chalupiec (Barbara e a súa nai Eleonora) pasase por momentos difíciles economicamente, vivindo nun suburbio de Varsovia.
Con todo, Negri foi admitida no Ballet Imperial,[3] para o que traballou ata que por mor da tuberculose (segundo outras fontes, unha lesión), tivo que abandonar a compañía; así, Negri centrou a súa atención no teatro, e estudou interpretación na Escola de Arte Dramática de Varsovia.
Carreira no cinema
[editar | editar a fonte]Aínda en Polonia, Negri (rebautizada así pola poeta italiana Ada Negri[4]) chegou a actuar en filmes como Żona, Bestia ou Studenci. Pouco despois viaxou a Berlín, onde traballou na compañía de teatro de Max Reinhardt e máis tarde con Ernst Lubitsch.
O filme deste último, Die Augen der Mumie, foi un éxito que fixo que Negri conseguise unha oportunidade en Hollywood.
Algúns dos seus filmes de Hollywood máis recoñecidos son Forbidden Paradise, dirixido polo tamén exiliado Lubitsch, The Spanish Dancer ou Shadows of Paris. En 1927 rodou ás ordes de Mauritz Stiller Hotel Imperial e The Woman on Trial.
Nesta época, Negri deu moito que falar non só polo seu romance co cómico británico Charles Chaplin senón, sobre todo, polos seus supostos plans de voda con Rodolfo Valentino, que Negri se encargou de airear á prensa trala morte del. Mesmo durante o funeral de Valentino, Negri seguiu o féretro dende Os Anxeles a Nova York, posando para a prensa coma se fose a súa viúva. Moitos actores, como Tallulah Bankhead, Mary Pickford ou Alberto Valentino, irmán de Rodolfo, criticaron isto e acusárona de mentir á prensa.
Coa chegada do cinema sonoro, a súa popularidade da década de 1920 esvaeceu por completo debido ao seu forte acento polaco e a súa dificultade para falar inglés. Regresou a Alemaña, e traballou para os estudos UFA, controlados por entón por Goebbels. Protagonizou, en 1935, o filme Mazurka, de Willi Forst. Con todo, polas súas supostas raíces xudías, emigrou outra vez aos Estados Unidos na década de 1940 e nacionalizouse estadounidense.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Os últimos anos da súa vida son un misterio, polo que adoita ser comparada coa personaxe de Norma Desmond que interpretou Gloria Swanson en Sunset Boulevard. Negri foi, de feito, a principal candidata de Billy Wilder para o papel,[5] mais rexeitouno, considerándoo unha ofensa.
Morreu dun tumor cerebral (ou pneumonía) en 1987, aos 90 anos, e legou case todos os seus bens á St. Mary’s University. Está enterrada no cemiterio de Calvary, nos Estados Unidos.
Ten unha estrela no 6933 do Paseo da Fama de Hollywood.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Denota un filme perdido ou presumiblemente perdido. |
Polonia
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Director | Compañía | Notas | Ref. |
---|---|---|---|---|---|
1914 | Niewolnica zmysłów | Aleksander Hertz | Sphinx Company | Primeiro filme de Negri | [6] |
1915 | Żona | Aleksander Hertz | Sphinx Company | [6] | |
1915 | Czarna książka | Aleksander Hertz | Sphinx Company | Versión anterior de Der Gelbe Schein | [7] |
1916 | Studenci | Aleksander Hertz | Sphinx Company | [8] | |
1917 | Bestia | Aleksander Hertz | Sphinx Company | [6] | |
1917 | Tajemnica alei Ujazdowskich | Aleksander Hertz | Sphinx Company | Parte da serie Tajemnice Warszawy | [9] |
1917 | Pokój Nr. 13 | Aleksander Hertz | Sphinx Company | Parte da serie Tajemnice Warszawy | [9] |
1917 | Arabella | Aleksander Hertz | Sphinx Company | Aínda que se sospeita que a maior parte do filme está perdido, consérvase un breve fragmento, que foi empregado no filme polaco O czym się nie mówi (1939).[10] | [9] |
1917 | Jego ostatni czyn | Aleksander Hertz | Sphinx Company | [11] |
Alemaña (período mudo)
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Director | Compañía | Notas | Ref. |
---|---|---|---|---|---|
1917 | Nicht lange täuschte mich das Glück | Kurt Matull | Saturn-Film AG | Negri interpreta un dobre papel secundario como monxa e bailarina de cabaré | [12] |
1917 | Zügelloses Blut | Descoñecido | Saturn-Film AG | [12] | |
1917 | Küsse, die man stiehlt im Dunkeln | Descoñecido | Saturn-Film AG | [12] | |
1917 | Die toten Augen | Descoñecido | Saturn-Film AG | [12] | |
1917 | Wenn das Herz in Haß erglüht | Kurt Matull | Saturn-Film AG | O filme consérvase e foi amosado en La Cinémathèque Française de París e no Museo do Cinema de Łódź, Polonia | [13] |
1918 | Rosen, die der Sturm entblättert | Unknown | Saturn-Film AG | [12] | |
1918 | Mania | Eugen Illés | UFA | Deseños dos escenarios de Paul Leni Título completo: Mania, Die Geschichte einer Zigarettenarbeiterin. |
[12] |
1918 | Die Augen der Mumie Mâ | Ernst Lubitsch | UFA | Primeira colaboración Negri/Lubitsch | [14] |
1918 | Der Gelbe Schein | Victor Janson e Eugen Illés | UFA | [12] | |
1918 | Carmen | Ernst Lubitsch | UFA | [12] | |
1919 | Das Karussell des Lebens | Georg Jacoby | UFA | [7] | |
1919 | Blutrache | Georg Jacoby | UFA | [12] | |
1919 | Dämmerung des Todes | Georg Jacoby | UFA | [13] | |
1919 | Kreuziget sie! | Georg Jacoby | UFA | [7] | |
1919 | Madame Dubarry | Ernst Lubitsch | UFA | [7] | |
1919 | Komtesse Dolly | Georg Jacoby | UFA | [7] | |
1920 | Die Marchesa d'Armiani | Alfred Halm | UFA | [7] | |
1920 | Sumurun | Ernst Lubitsch | UFA | Remake da produción teatral de Max Reinhardt, que tamén incluía a Negri e Lubitsch nos mesmos papeis, única vez en que ambos apareceron xuntos na pantalla e última vez que Lubitsch apareceu en escena como actor. | [7] |
1920 | Das Martyrium | Paul Ludwig Stein | UFA | [7] | |
1920 | Die geschlossene Kette | Paul Ludwig Stein | UFA | [7] | |
1920 | Arme Violetta | Paul Ludwig Stein | UFA | [7] | |
1921 | Die Bergkatze | Ernst Lubitsch | UFA | Comedia expresionista e parodia dos filmes expresionistas | [7] |
1921 | Sappho | Dimitri Buchowetzki | UFA | [14] | |
1923 | Die flamme | Ernst Lubitsch | Ernst Lubitsch Film GmbH | Último filme alemán de Ernst Lubitsch | [14] |
Período da Paramount
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Director | Compañía | Notas | Ref. |
---|---|---|---|---|---|
1923 | Bella Donna | George Fitzmaurice | Famous Players-Lasky/Paramount | Remake do filme de 1915 Bella Donna | [15] |
1923 | The Cheat | George Fitzmaurice | Famous Players-Lasky/Paramount | Remake do filme de 1915 The Cheat | [15] |
1923 | Hollywood | James Cruze | Famous Players-Lasky/Paramount | Negri ten un cameo no filme, que inclúe aparicións doutras estrelas de Hollywood da época | [15] |
1923 | The Spanish Dancer | Herbert Brenon | Famous Players-Lasky/Paramount | [15] | |
1924 | Shadows of Paris | Herbert Brenon | Famous Players-Lasky/Paramount | [15] | |
1924 | Men | Dimitri Buchowetzki | Famous Players-Lasky/Paramount | [15] | |
1924 | Lily of the Dust | Dimitri Buchowetzki | Famous Players-Lasky/Paramount | [15] | |
1924 | Forbidden Paradise | Ernst Lubitsch | Famous Players-Lasky/Paramount | Única colaboración estadounidense entre Lubitsch e Negri e último filme xuntos | [15] |
1925 | East of Suez | Raoul Walsh | Famous Players-Lasky/Paramount | Último filme de Negri dirixido por Raoul Walsh | [15] |
1925 | The Charmer | Sidney Olcott | Famous Players-Lasky/Paramount | [15] | |
1925 | Flower of Night | Paul Bern | Famous Players-Lasky/Paramount | [15] | |
1925 | A Woman of the World | Malcolm St. Clair | Famous Players-Lasky/Paramount | [15] | |
1926 | The Crown of Lies | Dimitri Buchowetzki | Famous Players-Lasky/Paramount | [16] | |
1926 | Good and Naughty | Malcolm St. Clair | Famous Players-Lasky/Paramount | [17] | |
1927 | Hotel Imperial | Mauritz Stiller | Famous Players-Lasky/Paramount | Rompeu marcas de vendas de billetes | [18] |
1927 | Barbed Wire | Rowland V. Lee Mauritz Stiller |
Paramount | Mauritz Stiller comezou o filme, pero foi substituído por Rowland V. Lee no inicio | [19] |
1927 | The Woman on Trial | Mauritz Stiller | Paramount | Aínda que se perdeu a maior parte, o Museum of Modern Art é propietario dalgúns fragmentos.[20] | [19] |
1928 | The Secret Hour | Rowland V. Lee | Paramount | [19] | |
1928 | Three Sinners | Rowland V. Lee | Paramount | [19] | |
1928 | Loves of an Actress | Rowland V. Lee | Paramount | Silent film with soundtrack | [19] |
1928 | The Woman from Moscow | Ludwig Berger | Paramount | Título alternativo: Rachel Filme mudo con banda sonora |
[19] |
Internacionais (período sonoro)
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Director | Compañía | País | Notas | Ref. |
---|---|---|---|---|---|---|
1929 | The Woman He Scorned | Paul Czinner | Charles Whittaker Productions UK (distribuído por Warners UK) | Reino Unido | Títulos alternativos: The Way of Lost Souls, Street of Abandoned Children Filme mudo con banda sonora, último filme mudo de Negri. |
[21] |
1932 | A Woman Commands | Paul L. Stein | RKO | Estados Unidos | Título alternativo: Maria Draga Primeiro filme sonoro de Negri, inclúe as cancións "Paradise", "I Wanna Be Kissed" e "Promise You Will Remember Me". "Paradise" foi un grande éxito e converteuse nun estándar durante moitos anos, sendo versionado por Russ Colombo e Louis Prima, incluído no programa de televisión Adventures in Paradise, e empregado na banda sonora de moitos outros filmes da época. |
[22] |
1934 | Fanatisme | Tony Lekain, Gaston Ravel | Pathé | Francia | Único filme francés de Negri, no que aparece cantando tres cancións | [23] |
1935 | Mazurka | Willi Forst | Cine-Allianz/Tobis-Klangfilm | Alemaña | Inclúe as cancións "Je sens en moi", "Mazurka" e "Nur eine Stunde". Fíxose un remake en 1937 por Warner Brothers como Confession, dirixido polo director austríaco Joe May | [24] |
1936 | Moskau-Shanghai | Paul Wegener | UFA | Alemaña | Títulos alternativos: Von Moskau nach Shanghai, Der Weg nach Shanghai, Begegnung in Shanghai, Zwischen Moskau und Shanghai Inclúe a canción "Mein Herz hat Heimweh..." |
[25] |
1937 | Madame Bovary | Gerhard Lamprecht | UFA | Alemaña | Único filme sonoro alemán de Negri estreado nos Estados Unidos | [25] |
1937 | Tango Notturno | Fritz Kirchhoff | UFA | Alemaña | Inclúe as cancións "Ich hab an Dich Gedacht" e "Kommt das Glück nicht heut'? Dann kommt es morgen" | [26] |
1938 | Die fromme Lüge | Nunzio Malasomma | UFA | Alemaña | [26] | |
1938 | Die Nacht der Entscheidung | Nunzio Malasomma | UFA | Alemaña | [25] |
Últimos filmes
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Director | Compañía | Notas | Ref. |
---|---|---|---|---|---|
1943 | Hi Diddle Diddle | Andrew L. Stone | Andrew L. Stone Productions (distribuída por United Artists) | [27] | |
1964 | The Moon-Spinners | James Neilson | Walt Disney Productions | [25] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ancestry Library Edition". Ancestrylibrary.proquest.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ Gladysz, Thomas (4 de decembro de 2017). "Pola Negri: Her films were silent. She wasn't". The Huffington Post. Consultado o 1 de marzo de 2018.
- ↑ Adam Mickiewicz Institute (2011). "Pola Negri profile". Resource Library. Culture.pl. Consultado o 13 de marzo de 2013.[Ligazón morta]
- ↑ Delgado 2016, pp. 12–13.
- ↑ Pola Negri FAQ Arquivado 01 de marzo de 2018 en Wayback Machine., Polanegri.com; consultado o 17 de maio de 2014.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Haltof 2002, p. 6.
- ↑ 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 Delgado 2016, p. 18.
- ↑ Delgado 2016, p. 15.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Haltof 2002, p. 20.
- ↑
- ↑ Delgado 2016, p. 16.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 12,7 12,8 Delgado 2016, p. 17.
- ↑ 13,0 13,1 Kotowski 2014, p. 214.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Delgado 2016, p. 19.
- ↑ 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 15,10 15,11 Kotowski 2014, p. 215.
- ↑ Delgado 2016, pp. 56, 96.
- ↑ Delgado 2016, p. 97.
- ↑ Kotowski 2014, p. 207.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 Kotowski 2014, p. 153.
- ↑ "The Woman On Trial / Mauritz Stiller [motion picture]". Library of Congress. American Silent Feature Film Survival Database. Consultado o 22 de decmebro de 2017.
- ↑ Kotowski 2014, p. 163.
- ↑ Kotowski 2014, p. 168.
- ↑ Kotowski 2014, p. 208.
- ↑ Kotowski 2014, p. 173.
- ↑ 25,0 25,1 25,2 25,3 Kotowski 2014, p. 217.
- ↑ 26,0 26,1 Kotowski 2014, p. 180.
- ↑ Kotowski 2014, p. 184.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pola Negri |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Beinhorn, Courtenay Wyche (xaneiro de 1975). The Film Career of Pola Negri, 1914–1964. Austin, Texas: University of Texas at Austin.
- Bock, Hans-Michael (2009). The Concise Cinegraph: Encyclopedia of German Cinema. Nova York: Berghahn Books. ISBN 978-1-571-81655-9.
- Chaplin, Charles (1964). My Autobiography. Nova York: Simon and Schuster. ISBN 978-0-370-00239-2.
- Delgado, Sergi (2016). Pola Negri: Temptress of Silent Hollywood. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland. ISBN 978-1-476-62435-8.
- Edmonds, I.G.; Mimura, Reiko (1980). Paramount Pictures and the People Who Made Them. San Diego: A.S. Barnes and Co., Inc.
- Haltof, Marek (2002). Polish National Cinema. Nova York: Berghahn Books. ISBN 978-1-782-38469-4.
- Kotowski, Mariusz (2014). Pola Negri: Hollywood's First Femme Fatale. Lexington, Kentucky: University Press of Kentucky. ISBN 978-0-813-14489-4.
- Kreimeier, Klaus (1999). The UFA Story: A Story of Germany's Greatest Film Company 1918–1945. Os Ánxeles: University of California Press. ISBN 978-0-520-22069-0.
- Lanza, Joseph; Penna, Dennis (2002). Russ Columbo and the Crooner Mystique. Port Townsend, Washington: Feral House. ISBN 978-0-922-91580-4.
- Negri, Pola (1970). Memoirs of a Star. New York: Doubleday. ASIN B0006C0782.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Pola Negri Appreciation Site Arquivado 18 de decembro de 2011 en Wayback Machine., polanegri.com; consultado o 17 de maio de 2014.
- Polanegri.pl – Pola Negri Film Festival website; consultado o 17 de maio de 2014. (en polaco)
- Tobacco cards, film.virtual-history.com; consultado o 17 de maio de 2014.
- Pola Negri profile, Culture.pl; consultado o 25 de novembro de 2014. (en polaco)