Pobo seneca
Pobo seneca | |
---|---|
Muller seneca Ah-Weh-Eyu, 1908. | |
Poboación | |
Poboación total: 8 000[1] | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | Estado de Nova York e Oklahoma |
Canadá | Ontario |
Aspectos culturais | |
Lingua | Seneca e inglés |
Relixión | Karihwiio, Kanoh'hon'io, Kahni'kwi'io, Cristianismo, Longhouse, Handsome Lake, Outras relixións indíxenas |
Grupos relacionados | Pobo mohawk, oneida, cayuga, onondaga, tuscarora, outros pobos iroqueses |
Os seneca[2] son un pobo indíxena de fala iroquesa que historicamente vivían ó sur do lago Ontario. Eran o pobo máis occidental das Seis Nacións ou Liga iroquesa (Haudenosaunee) en Nova York antes da Revolución Americana.
No século XXI, máis de 10 000 seneca vivían nos Estados Unidos, con tres tribos federalmente recoñecidas. Dúas no estado de Nova York: a Nación Seneca de Nova York, con dúas reservas indias no oeste do estado preto de Buffalo; e a Banda Tonawanda dos Seneca. A Nación Seneca-Cayuga atópase en Oklahoma, onde os seus devanceiros recolocados dende Ohio durante a deportación dos indios. Arredor de 1 000 seneca viven no Canadá, preto de Brantford, Ontario, na Reserva das Seis Nacións. Son descendentes dos seneca que se asentaron alí despois da Revolución Americana, xa que foron aliados dos ingleses e foron obrigados a ceder moitas das súas terras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Seneca Nation of Indians (ed.). "Culture". Consultado o 10 de outubro de 2015.
- ↑ Definición de seneca no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo seneca |