Supatá
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 128 km² | |||
Altitude | 1.798 m | |||
Creación | 1882 | |||
Sitio web | supata-cundinamarca.gov.co… |
Supatá é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Gualivá, a 76 km ó noroeste de Bogotá.
Historia
[editar | editar a fonte]Notificados os panches da rexión de Supatá da chegada de Hernán Pérez de Quesada, o seu cacique abandonouna e a través de Pinzaima, Guanacas sobre o Río Negro e a cordilleira que os separa, detívose na serranía do cobre, no sitio Lagoa Verde, onde se instalou, previa alianza con Itoco, cacique dos colimas, os seus veciños do norte. Lagoa Verde chamouse despois Mesitas, denominación que aínda conserva, verea na cal xurdiu a nova vila de Supatá.
En 1747 Supatá era o nome da facenda do presbítero Jacinto Roque Salgado y Zubiete, quen era párroco de Serrezuela (a actual Madrid, Cundinamarca), e en 1774 fundador da parroquia de Subachoque.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Supatá |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 08 de agosto de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)