[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Sueste asiático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sueste de Asia»)
Modelo:Xeografía físicaSueste asiático
Imaxe
Tiporexión xeográfica Editar o valor en Wikidata
Parte deAsia Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 10°N 110°L / 10, 110
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira conAsia Oriental
Asia Meridional Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
AtravesaVietnam, Laos, Camboxa, Tailandia, Myanmar, Malaisia, Singapur, Filipinas, Indonesia, Timor Leste, Papúa Nova Guinea, Taiwán, República Popular da China, India, Sri Lanka, Australia, Palau, Estados Unidos de América e Bangladesh Editar o valor en Wikidata
Superficie4.500.000 km² Editar o valor en Wikidata
Sueste Asiático

O Sueste Asiático é unha subrexión de Asia que comprende gran variedade de países cunha certa unidade cultural e histórica. Está situada entre os paralelos 90 e 130 aproximadamente, e entre os meridianos 30 e 17.

Características

[editar | editar a fonte]

O nome non se comezou a empregar ata o século XX. Comprende dúas rexións xeográficas diferenciadas, Indochina e Insulindia, divididas en 11 estados que cobren unha superficie aproximada de 11.000.000 km² no que viven 550.000.000 persoas.

En total, a superficie do Sueste Asiático ascende a uns 4.000.000 km². No ano 2004 máis de 593 millóns de persoas habitaban na rexión, a sexta parte (114 millóns) na illa de Xava (Indonesia), unha das illas máis poboadas do mundo.

O principal feito histórico que determinou a vida da rexión foi indubidablemente que se atopa situada entre os dous xigantes asiáticos: a China e a India. Deles houbo influencias de tipo cultural, lingüístico, relixioso e político que aínda subsisten. A rexión é tamén zona de encontro de dous grupos humanos que se mesturaron pacificamente co pasar do tempo: o tipo malaio que vén do sur e das illas, co tipo asiático do leste que vén do norte.

Cara ao século I toda a rexión recibiu unha forte inmigración dos pobos da India, especialmente do norte e da casta dos brahmanas. Tales pobos trouxeron consigo o hinduísmo e moldearon as linguas primitivas con grandes achegas do sánscrito. O hinduísmo perdurou na rexión ata o século XV, cando na península Indochinesa se introduciu o budismo de Theravada desde Sri Lanca e nas illas comezou a introdución do islam. Os séculos XVII e XVIII viron tamén a chegada do colonialismo. O único país que o puido evitar, grazas ás políticas de modernización do seu monarca, foi Tailandia (antiga Siam).

Da herdanza hinduísta é testemuña a illa de Balí, que formando parte do meirande país musulmán do mundo (Indonesia), a súa relixión maioritaria é aínda o hinduísmo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]