[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Stephen Curry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaStephen Curry

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Wardell Stephen Curry II Editar o valor en Wikidata
14 de marzo de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Akron, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónDavidson College (en) Traducir - socioloxía (2022–2022)
Davidson College (en) Traducir (2006–2009)
Charlotte Christian School (en) Traducir (–2006) Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso86 kg Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA, National Basketball Association e Southern Conference (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Número deportivo30 Editar o valor en Wikidata
Convocado porGolden State Warriors, 7º (2009) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2009 Davidson Wildcats men's basketball 104
2009– draft Golden State Warriors
Participou en
2024Xogos Olímpicos de 2024 (1º) (medalla de ouro olímpica)
16 de outubro de 2018Tempada 2018-19 da NBA
2014Campionato do Mundo de Baloncesto de 2014 (1º) (medalla de ouro)
2010Campionato do Mundo de Baloncesto de 2010 (1º) (medalla de ouro) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAyesha Curry (2011–) Editar o valor en Wikidata
PaisDell Curry Editar o valor en Wikidata  e Sonya Curry Editar o valor en Wikidata
IrmánsSeth Curry
Sydel Curry Editar o valor en Wikidata
ParentesDamion Lee, cuñado Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webstephencurry30.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2967426 Facebook: StephenCurryOfficial Twitter: stephencurry30 Instagram: stephencurry30 MySpace: stephencurry TikTok: stephencurry30 BNE: XX5711018 WikiTree: Curry-8005 Editar o valor en Wikidata

Wardell Stephen "Steph" Curry II, nado o 14 de marzo de 1988 en Akron, Ohio,[1] é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 1,91 m e 86 kg de peso,[2] Curry xoga na posición de base. Dúas veces All-Star da NBA, é fillo do tamén ex xogador da NBA Dell Curry, máximo anotador da historia dos Charlotte Hornets.

Curry xogou no baloncesto universitario para Davidson. Alí, foi dúas veces nomeado Xogador do Ano da Southern Conference, estabelecendo a mellor marca de anotación de todos os tempos, tanto da súa universidade como da propia Conferencia. Durante o seu ano sophomore, Curry tamén bateu o récord de máis canastras de tres puntos conseguidas nunha soa tempada da historia da NCAA.[3]

No Draft, foi seleccionado no posto sétimo posto da primeira rolda da edición de 2009 polos Golden State Warriors. Uns anos despois, durante a temporada 2012−13, bateu o récord da NBA de canastras de triplas conseguidas nun só ano con 272. Durante seguinte temporada bateu novo récord da competición, esta vez xunto ao seu compañeiro Klay Thompson, xa que consguieron entre os dous un total de 484 triplas, sendo a parella alcumada como os "Splash Brothers". Durante a temporada 2014−15, Curry bate o seu propio récord de canastras de tres nun ano ao conseguir o súa tripla número 273. Alén diso, Curry converteuse no segundo xogador da historia da NBA cunha media superior de 23 puntos, 8 asistencias, 4 rebotes e 2 robos por patido, fito só logrado anteriormente por Michael Jordan. Grazas en parte a estes logros a NBA recoñeceuno esa temporada como MVP da competición.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Xogou durante tres temporadas cos Wildcats do Davidson College, nas que fixo unha media de 25,3 puntos, 4,5 rebotes e 3,7 asistencias por partido. Non tardou en demostrar as súas calidades, xa que no seu segundo partido oficial, ante Michigan Wolverines conseguiu 32 puntos, 9 rebotes e 4 asitencias. Acabou a tempada liderando a Southern Conference en anotación, con 21,5 puntos por partido, sendo o segundo mellor anotador novato de todo o país tras o xogador de Texas Kevin Durant, que acabaría sendo elixido na segunda posición do Draft de 2007 e MVP da NBA en 2014.

Na súa segunda tempada volveu liderar en anotación a súa conferencia, ao facer unha media de 25,9 puntos por partido, ao que engadiu 4,6 rebotes, 2,9 asistencias e 2,0 roubos de balón. Acabou sendo elixido no segundo quinteto do All-American, ademais de ser finalista ao John R. Wooden Award. Tamén bateu a marca de máis triplas anotadas por un xogador da NCAA nunha tempada, con 162. No seu último ano como universitario liderou a División I da NCAA en anotación, con 28,6 puntos por partido, logrando o seu tope anotador ante Oklahoma ao anotar 44 puntos. Grazas a todo iso, foi incluído no primeiro equipo All-American.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Curry foi elixido na sétima posición do Draft da NBA de 2009 por Golden State Warriors. O 27 de febreiro de 2013 conseguiu o seu récord de anotación nun partido e o do seu equipo, ao lograr 54 puntos e 11 triplas. Porén, a pesar dese legro e marcando pouco máis da metade dos puntos do seu equipo (54 de 105), o seu equipo caeu ante os New York Knicks por 105-109. Xunto ao seu compañeiro Klay Thompson, grazas ás súas marcas de canatras de tres puntos, forman a parella dos "Splash Brothers". O 14 de febreiro de 2015 gañou o seu primeiro Concurso de Triplas durante o All-Star celebrado na Cidade de Nova York, onde conseguiu unha serie de 13 acertos consecutivos para un total de 27 puntos na final.

O 17 de abril de 2013 ante os Portland Trail Blazers bateu o récord da NBA de triplas durante a tempada regular, marca que posuía antigamente Ray Allen, fixando a nova marca en 272 tiros de tres durante setenta e oito partidos (tres por arriba de Allen que lograra 269 triplos na tempada 2005-2006), o que supuxo unha media de 3,48 canastras de tres por encontro. Ademais, Stephen Curry conseguiu a marca cunha porcentaxe de tiro (45,3%) mellor que a de Allen (41,2%), é dicir, requiriu unha menor cantidade de intentos para lograr un número maior de anotacións. Durante a temporada 2014-15 volvería bater o seu propio récord, ao conseguir a súa tripla 273 o 9 de abril.

En 2014, converteuse no primeiro xogador da historia da NBA en lograr unha media de 24 puntos, 4 rebotes e 8 asistencias por partido cun acerto do 42% nos tiros de tres puntos durante toda unha tempada. Ademais, durante a temporada 2014-15, Curry converteuse no segundo xogador da historia do a NBA en facer unha media de máis de 23 puntos, 8 asistencias, 4 rebotes e 2 roubos por partido nunha temporada, logro que so conseguira Michael Jordan anteriormente. Alén diso, Curry converteuse no segundo xogador da historia da NBA cunhas medias de máis de 23 puntos, 8 asistencias, 4 rebotes e 2 robos por patido, fito só logrado anteriormente por Michael Jordan. Grazas á boa temporada, o 4 de abril a NBA anuncia o seu recoñecemento como MVP da competición.

  1. Basketball-Reference.com (ed.). "Stephen Curry NBA Stats" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de abril de 2015. 
  2. ESPN.com (ed.). "Stephen Curry" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2015. 
  3. NBA.com (ed.). "DRAFT 2009 Prospects – Stephen Curry" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2015. Consultado o 13 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]