[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Spark-Renault SRT 01E

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MP4-27
Información
Fabricante Dallara
Spark Racing Technology
Deseñador Frédéric Vasseur
Produción
Predecesor
Sucesor ningún
Longo 5.000 mm
Largo 1.800 mm
Alto 1.250 mm
Peso 898 Kg. mínimo (con piloto)
Chasis Monocasco de fibra de carbono e aluminio
Suspensión Pushrod, amortecedores dobres con barra de torsión (adiante)
Spring (atrás)
Motor McLaren Electronic Systems MGU
Potencia 200 KW
Transmisión Hewland secuencial de cinco velocidades
Tracción
Freos Dous sistemas hidráulicos de material libre
Prestacións
Pneumáticos Michelin
Debut ePrix 2014 de Pequín
Pilotos 35
Carreiras 11
Páxina oficial da Fórmula E

O Spark-Renault SRT 01E é un monopraza eléctrico deseñado e construído especialmente para a tempada inaugural (2014-2015) da Fórmula E, competicón organizada pola Federación Internacional do Automóbil.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]
Daniel Abt durante o ePrix de Berlín da tempada 2014-2015.
O Spark-Renault SRT 01E de Dragon Racing.

O desenvolvemento do monopraza comezou en setembro do ano 2012. Lucas di Grassi foi nomeado como piloto de probas oficial, facendo unha demostración do prototipo, o Formulec EF01 (construído no 2010). O Formulec EF01 contaba cun chasis construído por Mercedes GP e motores fabricados por unha marca que non é de coches, Siemens. O coche empregouse no vídeo de promoción oficial e para demostracións en cidades de todo o mundo.

O 1 de novembro de 2012, annciouse que McLaren Electronic Systems sería provedor do motor eléctrico, da transmisión e dos sistemas electrónicos para a Fórmula E. A organización Fórmula E encargoulle 42 monoprazas a Spark Racing Technologies. Para cumprir con este pedido, Spark asociuse ao coñecido fabricante italiano, Dallara.

O 28 de marzo do 2013, Michelin foi nomeado como subministrador exclusivo de pneumáticos. O 15 de maio do mesmo ano tamén se anunciou que a fabricante de coches francesa, Renault sería un socio técnico de Spark Racing Technologies. A experiencia de Renault cos seus programas de Renault Z.E. (Cero Emisión) e Fórmula 1, sería aproveitada para beneficio da Fórmula E. Ese mesmo día, Fórmula E revelou o deseño do tan esperado Spark-Renault SRT 01E.

O deseño das baterías correu a cargo de Williams Advanced Engineering, parte do Grupo Williams ao cal a escudería WilliamsF1 tamén pertenence.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]