[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Septimio Severo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSeptimio Severo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Lucius Septimius Severus Pius Pertinax Augustus Arabicus Adiabenicus
(la) Lucius Septimius Severus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Lucius Septimius Severus Editar o valor en Wikidata
11 de abril de 146 Editar o valor en Wikidata
Leptis Magna (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morte4 de febreiro de 211 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Eboracum (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCastelo de Sant'Angelo Editar o valor en Wikidata
Cónsul romano
194 – 194
← Lucio Gabio Cilón
Emperador romano
9 de abril de 193 – 4 de febreiro de 211
← Didio XulianoCaracalla, Xeta →
Gobernador romano Panônia Superior (pt) Traducir
191 –
Senador romano
173 –
Tribuno da plebe
Cuestor
Cónsul sufecto
Pretor
Legado romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar, Emperador Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, principado e Dinastia Severa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloAugusto (título) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia Severa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJúlia Domna (187–211), morte
Paccia Marciana (175–186), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosSeptimia Major
 () Paccia Marciana
Septimia Minor
 () Paccia Marciana
Caracalla
 () Júlia Domna
Xeta
 () Júlia Domna Editar o valor en Wikidata
PaisPublius Septimius Geta Editar o valor en Wikidata  e Fulvia Pia Editar o valor en Wikidata
IrmánsPublius Septimius Geta
Septimia Octavilla Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1028813 Find a Grave: 35110615 Editar o valor en Wikidata
Busto de Septimio Severo en alabastro no Museo Capitolino de Roma.

Lucio Septimio Severo, nado en Leptis Magna (actual Al-Khums, Libia), na provincia de África, o 11 de abril do 145 e finado o 4 de febreiro de 211 en Eburacum (actual York), foi un Emperador romano que realizou o seu cursus honorum, durante os reinados de Marco Aurelio e Cómodo

De orixe púnica, foi o primeiro emperador de orixe africana, tomou o poder trala morte do emperador Pertinax, no 193, durante o Ano dos cinco emperadores e fundou a dinastía Dinastía dos Severos que gobernaría Roma e o seu Imperio preto de 47 anos e que foi a derradeira dinastía do Imperio Romano antes da Crise do século III.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fora nomeado cónsul e era gobernador de Panonia e Iliria, cando foi asasinado Pertinax. A entronización de Didio Xuliano creou un grande descontento no seo do exército nas provincias romanas. En Britania, foi nomeado emperador Clodio Albino e nas provincias orientais foi Pescenio Níxer o proclamado. Foi en Carnutum onde Septimio Severo, que engadiu o nome de Pertinax (Lucio Septimio Severo Pertinax) foi nomeado emperador. Como estaba máis achegado a Italia, dirixiu as súas lexións cara a Roma. Fíxose co control da frota ancorada en Rávena e, despois de rexeitar compartir o imperio con Didio Xuliano, chegou a Roma, sendo recoñecido polo Senado como o novo Emperador.

As súas primeiras medidas, foron o de darlle as honras debidas a Pertinax, nome que asociou ao seu para conseguir o apoio do pobo romano. A segunda grande medida foi a de ordenar a disolución das cohortes pretorianas, que foron trocadas por militares das súas lexións e que lle eran completamente fieis. Viaxou cara a Britania para se entrevistar con Clodio Albino e asocialo ao trono, entregándolle Britania, Galia e Hispania. A continuación levou o seu exército cara ao leste, onde Pescenio Níxer non tomara medida ningunha para loitar, senón que fuxía das tropas de Septimio considerando o grande apoio que tiña entre os militares e reis de Oriente. Deste xeito, Septimio chegou a Bizancio esixindo a súa entrega, pero se negaron os seus gobernantes esperando a axuda de Pescenio Níxer e confiando nas súas inexpugnábeis defensas. Deixando asediada a cidade, Septimio continuou cara ao exército sublevado, ao que venceu en Isos, dando morte a Pescenio Níxer no mesmo campo de batalla. Virando sobre as súas costas, o sitio de Bizancio chegou ao seu terceiro ano, e a cidade rendeuse pola fame. Derrubou as murallas e fixo matar a todos os seus gobernantes. Comezaba o que seria un sinal de identidade de Septimio Severo: a crueldade coa que se desfacía dos seus inimigos.

Unha vez resolta a cuestión de Oriente, volveu a Roma e Clodio Albino xa estaba a facer movementos para unha nova guerra, xa que supoñía que Septimio non quedaría sen se mover para volver de novo á unidade do Imperio. O encontro das dúas forzas foi preto da actual Lión, e de novo Septimio Severo foi o vencedor, vitoria que outra vez o levaría a unha matanza entre os partidarios de Clodio e confiscacións dos seus bens.

Cabeza de Septimio Severo conservada no Cologne, Römisch-Germanisches Museum.

O 2 de xuño do 197, Septimio entra de novo en Roma, e no seu primeiro discurso promete desenmascarar os senadores partidarios de Clodio Albino, rehabilitar a Cómodo do que se nomea irmán e dar garantías de continuidade á dinastía Severa, asociando ao trono aos seus fillos Xeta e Caracalla. Foron asasinados 41 senadores e os seus bens confiscados. A continuación deu festas ao pobo, aumentoulle a paga aos soldados, permitíndolles vivir coas súas mulleres nos campamentos e nomeou a C. Fulvio Plautiano prefecto dos pretorianos. Logo marchou de novo cara a Oriente para castigar aos partidarios de Pescenio Níxer e reconquistar as terras perdidas. Pacificou a xudeus e samaritanos, o rei de Armenia suplicou a amizade de Roma, conquistou Seléucida, Ctesifonte e Babilonia e firmou a paz cos partos. Con estas vitorias, conseguiu que o seu fillo Xeta fose nomeado César e Caracalla recoñecido como augustus.

Na súa viaxe de volta a Roma, Septimio visitou Siria e máis Exipto, pasando o inverno en Antioquía, reparando as vías de comunicación que unían esta provincia co Danubio. Celebra en Roma os dez anos de goberno. No 203-204 visita África. Embeleceu Leptis Magna, a súa cidade natal, con grandes obras públicas e edificios, mellorou a agricultura da zona e por vez primeira permitiu os africanos nas cohortes pretorianas. Volta a Roma no 204, prodúcese o asasinato de Plautiano no pazo imperial, ao parecer por Caracalla e en presenza do emperador, grande inimigo da dona de Emperador, Xulia Domna, que a partir de entón, comeza a súa influencia na política romana. Ata entón, dedicárase á filosofía, rodeándose especialmente de sofistas e o seu máis grande colaborador foi Emilio Papiniano, o derradeiro grande xurista do período clásico.

Estes anos de goberno foron de grandes revoltas en todo o Imperio. Houbo de loitar en Mauritania, e na Hispania aínda había partidarios de Clodio Albino, e a loita contra dos "inimigos públicos" de Numancia. En Milasa de Caria xurdiron dificultades económicas pola desvalorización do denario de prata. En Britania, os caledonios e os meatos combatían as lexións romanas.

Despois da desvalorización do denario de prata, o Emperador, e para salvar as finanzas, concentrou nas súas mans a meirande parte dos ingresos. Todos os bens procedentes das confiscacións ingresábanse na caixa imperial, coñecida como ratio privata, os procedentes do ager publicus ían ao patrimonium. Para o desenvolvemento do comercio creou novos mercados (Pysos en Tracia) e ampliou os xa existentes. Prestou o maior interese en todo o que gardaba relación co exército. Permitiu que aos soldados se lles concedese a annus aureus con que a orde ecuestre quedou moi ampliada cos privilexios que iso comportaba. A paga dos soldados elevouse de 300 a 500 denarios anuais, a cobrar en metálico e non en especie como era o vello costume. Concedeu especiais prerrogativas aos centurións, creando unha caixa de auxilio e permitindo que os seus fillos accedesen ao Senado.

Aureus cuñado en 193 na honra da XIIII Gemina Martia Victrix, a lexión que o proclamou emperador.

Equiparou as restantes provincias cos mesmos dereitos de Italia, creando algunha nova como Mesopotamia, a cidades que lle foran fieis durante a súa loita polo poder concedeulles a cidadanía romana. Levou ao Exipto a división municipal e sobre todo, o Senado perdeu a súa importancia política e a súa lexislación criminal referente aos seus propios membros. A lexislación, con máis de 400 leis publicadas tendeu a ser máis humanitaria e tendeu a mellorar as clases máis febles.

Tivo unha gran cultura grega e latina, interesándose pola filosofía e astroloxía. Era máis supersticioso que relixioso, pois coidaba e daba máis saña aos oráculos, soños e horóscopos, estando imbuído polo misticismo oriental, en parte influído pola súa dona, filla do sumo sacerdote de Baal en Siria. Nun primeiro intre amosouse tolerante cos cristiáns, elixindo un preceptor cristián para o seu fillo Caracalla, pero trocou despois da guerra pártica e incluso disgregando a Escola de Alexandría. A súa esposa rodeouse dun grupo de intelectuais, entre os que destacaba Filóstrato. Prestou especial atención ao embelecemento de Roma con novas construcións, como o Arco que leva o seu nome, erguido despois das súas campañas en Oriente. Restaurou o templo de Vesta, Vespasiano, o pórtico de Octavio, o Panteón, o teatro de Pompeio etc, comezando a construción das termas de Caracalla e do Trastevere, rematadas no 216.

No 208, acompañado da súa esposa e os seus fillos e o prefecto do pretorio Papiniano marchou cara a Britania para conquistar toda a illa. O tipo de guerra que facían os nativos, de guerrilla, non se prestaba á loita tradicional das armas romanas. Morre en Eburacum (York) o 4 de febreiro do ano 211, e existen dúbidas históricas se foi de morte natural ou envelenado polo seu fillo Caracalla, xa que foi aquí onde se destapou o odio mutuo entre os seus fillos e futuros emperadores, Xeta e Caracalla.

Imperio Romano

Segue a:
Pertinax
Septimio Severo
Precede a:
Caracalla
Dinastía dos Severos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]