Salsa boloñesa
A salsa boloñesa é unha salsa que se acostuma empregar para acompañar pastas, así como coa polenta. É unha salsa espesa, de cor marrón-vermella, constituída principalmente por carne picada e mollo de tomate, moi típica das bisbarras da contorna de Boloña. En italiano denomínase ragù, como deformación do francés "ragoût".
Historia
[editar | editar a fonte]En outubro do ano 1982 unha delegación de Boloña que representaba a Accademia Italiana della cucina depositou na Camera di Comercio Industria Artigianato e Agricoltura di Bologna a receita oficial do ragù bolognese, co obxectivo de garantir a continuidade e o respecto á tradición gastronómica boloñesa en Italia e no mundo.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]Os seus ingredientes principais son, por unha banda, a carne picada (ou moída) de tenreira (ou de boi), touciño entrefebrado de porco, canda varias hortalizas (cenorias, apio e cebolas) e mollo de tomate. A estes ingredientes engádeselle viño branco, caldo de carne, manteiga e leite.[4]
Usos
[editar | editar a fonte]Os boloñeses serven esta salsa tradicionalmente con tallaríns frescos (tagliatelle al ragù), polenta ou ñoquis. Emprégase tamén como recheo da lasaña ou ás veces dos canelóns.
Fóra de Italia é moi empregado o prebe máis ou menos parecido al ragù cos espaguetes (spaghetti alla bolognese ou spaghetti bolognese). Mais, os espaguetes son un tipo de pasta máis propia de Nápoles e non pertence á cultura culinaria da rexión de Boloña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gruppo Virtuale Cuochi Italiani. "The Classic Bolognese Ragù according the Accademia Italiana della Cucina". itchefs. Consultado o 14 de novembro de 2012.
- ↑ Gruppo Virtuale Cuochi Italiani. "Il classico Ragù alla Bolognese secondo l'Accademia Italiana della Cucina" (en italiano). itchefs. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 14 de novembro de 2012.
- ↑ Carlo Alberto Tozzola; Bologna Cooking School. "Come fare le Tagliatelle con ragù alla bolognese" (en italiano). Newsfood.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 14 de novembro de 2012.
- ↑ Ricetta ragù alla bolognese